Competicións setembro 2019

23 Setembro, 2019 Posted by savalminor

Comeza o outono e volta ó traballo, ó cole e cómo non, chega unha nova tempada de competicións. As primeiras citas deste mes de setembro son o 27 en Porriño (Milla das Festas do Cristo) e o 28 en Marín (Milla Urbana). Tedes máis información a continuación, pero antes comentar que o fin de semana do 22 foi tamén o Desafío Santander Illas Cíes, proba múltiple composta por unha travesía a nado de 10km (que xa foi o 31 de agosto), un triatlón e unha carreira popular de 7km. Nesta última participóu o atleta do club Guadix Rogel, acadando un destacadísimo 6º posto. Parabéns!

 

 

 


10ª MILLA PORRIÑESA “FESTAS DO CRISTO”

O venres 27 de setembro celébrase en Porriño a 10ª edición da súa Milla Urbana. Organizada polo Concello de O Porriño en colaboración co Club Atletismo Porriño. A partir das 17h. A inscrición é de balde e pode facerse no enlace seguinte. Máis información e resultados:

 


22ª MILLA URBANA “SAN MIGUEL” DE MARÍN

O sábado 28 de setembro en Marín celébrase a Milla Urbana organzada polo Concello e o Club San Miguel. As probas darán comezo a partir das 17h. Máis información e inscricións: 

Comments are closed.