XV CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE MOAÑA
O 22 de setembro celébrase en Moaña a XV Carreira Pedestre, organizada polo Concello de Moaña e o Club Atletismo Samertolameu e co patrocinio da Deputación de Pontevedra. A carreira popular ten o lema “Un atleta unha árbore”, e por cada atleta inscrito prantaráse unha árbore autóctona nos montes de Moaña. Máis información, inscricións (ata o 19 de setembro) e resultados a continuación.
(23-setembro) Nesta carreira participaron os atletas do club Fernando, Dewisa e Alexandra Álvarez Pacheco, Gabriel Canedo (2º en cadetes), Gabriela Bouzada (1ª en prebenxamíns), Guadix Rogel, Juan Manuel González, Elena Costas (3ª en 5km) e Nanda Martín (única representante en 10km). Parabéns para todos!
- Páxina de información da carreira
- Páxina do Club Atletismo Samertolameu (Facebook)
- Páxina de inscricións en Championchipnorte
- Resultados (online – Championchipnorte)
FOTOS: Álbum Club Samertolameu
IX MILLA PORRIÑESA “FESTAS DO CRISTO”
O venres 28 de setembro celébrase en Porriño a IX edición da súa Milla Urbana. Organizada polo Concello de O Porriño en colaboración co Club Atletismo Porriño. A partir das 18h. Nas categorías menores non é preciso inscribirse. Máis información e resultados:
XXI MILLA URBANA “SAN MIGUEL” DE MARÍN
O 29 de setembro en Marín celébrase a XXI Milla Urbana organzada polo Concello e o Club San Miguel. Máis información e inscricións: