Competicións setembro 2018

19 Setembro, 2018 Posted by javier

XV CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE MOAÑA

O 22 de setembro celébrase en Moaña a XV Carreira Pedestre, organizada polo Concello de Moaña e o Club Atletismo Samertolameu e co patrocinio da Deputación de Pontevedra. A carreira popular ten o lema “Un atleta unha árbore”, e por cada atleta inscrito prantaráse unha árbore autóctona nos montes de Moaña.  Máis información, inscricións (ata o 19 de setembro)  e resultados a continuación. 

(23-setembro) Nesta carreira participaron os atletas do club Fernando, Dewisa e Alexandra Álvarez Pacheco, Gabriel Canedo (2º en cadetes), Gabriela Bouzada (1ª en prebenxamíns), Guadix Rogel, Juan Manuel González, Elena Costas (3ª en 5km) e Nanda Martín (única representante en 10km). Parabéns para todos!

 

FOTOS:  Álbum Club Samertolameu

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


IX MILLA PORRIÑESA “FESTAS DO CRISTO”

O venres 28 de setembro celébrase en Porriño a IX edición da súa Milla Urbana. Organizada polo Concello de O Porriño en colaboración co Club Atletismo Porriño. A partir das 18h. Nas categorías menores non é preciso inscribirse. Máis información e resultados:

 


XXI MILLA URBANA “SAN MIGUEL” DE MARÍN

O 29 de setembro en Marín celébrase a XXI Milla Urbana organzada polo Concello e o Club San Miguel. Máis información e inscricións: 

 

 

 

 

 

 

 

Comments are closed.