Este mes de agosto o calendario competitivo galego vai collendo algo de cor con diversas citas de pista ao aire libre. Comezamos o dia 7 co 1º Control de Verán da FGA en Pontevedra, o 14 a 5ª Festa do Atletismo Galego tamén en Pontevedra, o 21 o Termal Athletics Meeting en Ourense e para fin de mes os Campionatos Galegos Sub18-20-23 en A Coruña. A continuación iremos poñendo a información e resultados de cada evento:
1º Control Verán FGA “A Volta do Atletismo Galego” en Pontevedra (7 agosto)
- Páxina da competición
- Categorías: Sub16 e superiores
- Regulamento e horarios (17:10 a 21:10h)
- Inscricións: na páxina da RFEA ata o 4 de agosto
- Lugar: Pontevedra (Centro Galego Tecnificación Deportiva)
- Mapa de localización
- Resultados: online – medallistas – documento completo
- Parabéns a Ricardo Cortizo polo bronce en 800m!
5ª Festa do Atletismo Galego en Pontevedra (14 agosto)
- Páxina da competición
- Categorías: Sub 16-18 e Absoluta
- Regulamento e horarios (19:30 a 21h)
- Lugar: Pontevedra (Centro Galego Tecnificación Deportiva)
- Mapa de localización
- Resultados: online – medallistas – documento completo
- Enlace retransmisión (YouTube)
- Noticia no Faro: “El atletismo vuelve a las pistas entre mascarillas”
- Nesta competición estiveron en Sub16 Ainhoa (1ª en 100m), Nadia (5ª en 600m) e Bruno (6º en 100m). Parabéns para el@s!
FOTOS
Termal Athletics Meeting en Ourense (21-agosto)
- Páxina oficial (ourensemeeting.es)
- Páxina da competición en atletismo.gal
- Regulamento e horarios
- Lugar: Pistas de atletismo – Campus As Lagoas s/n
- Mapa de localización
- Resultados: online – medallistas – documento completo
- Enlace retransmisión (YouTube)
- Parabéns para Álex Román, Sergio Souto e Ricardo Cortizo pola súa participación en 800m!
Campionato de Galicia Sub18-20-23 e Absoluto en A Coruña (28-30 agosto)
- Páxina da competición
- Regulamento
- Lugar: Pistas Atletismo UDC – Campus Elviña 15071 (A Coruña)
- Mapa de localización
- Resultados: online – medallistas – lista completa
- Nesta competición estiveron: Juan (4º en 5000m Sub20), Sergio (4º en 800m Sub18), Álex (campión en 800m e 3º en 400m Sub20), Ricardo (2º en 400m e 3º en 800m Sub20), Marina (2ª en 200m e 3ª en 400m Sub20) e Ainhoa (campiona galega absoluta en 100m). Parabéns para tod@s e feliz aniversario para Ainhoa!