Colaboración Memorial Manuel Barros

16 mayo, 2013 Posted by admin

Estimados socios:

Como sabedes, o domingo 26 de maio terá lugar en Gondomar unha nova edición do Memorial Manuel Barros, a carreira popular que organiza o noso clube todos os anos.

A organización dun evento destas características require da colaboración de todos, xa que son moitas as tarefas a realizar neses días: avituallamientos, corte de rúas, inscricións, instalación de vallas e demáis mobiliario, etc.

Necesitamos que nos indiquedes a vosa disposición para colaborar, xa que temos que saber con qué medios contamos para coordinar todas actividades.

Podedes contestar no correo do clube (savalminor@hotmail.com) ou falar directamente con Javi Figueroa a partir das 19:30 horas.

Estamos seguros de que grazas ao traballo de todos, e coa experiencia de anos anteriores, a carreira vai constituir un éxito.

Graciñas e un saúdo.

Comments are closed.