Cea de Nadal 2018

30 Novembro, 2018 Posted by javier

Como ven sendo habitual nestas datas, a S.A. Val Miñor celebrará a tradicional Cea de Nadal o venres 21 de decembro de 2018, despóis do adestramento. Será no local da Asociación de Veciños de Camos (Vilar 19 – 36360 Nigrán). O prezo son 15€ por persoa. Teremos tamén o sorteo de agasallos con rifas a 1€.

O menú consistirá en: 1° tapas variadas e 2° churrasco mixto e criollos, acompañados de patacas fritidas e ensaladas, por último postres e café. As bebidas serán refrescos e viño da casa. Se alguén prefire hamburguesas á brasa en lugar de churrasco que o indique no momento de anotarse.

Pregamos que vos anotedes o antes posible, podedes enviar unha mensaxe a Adolfo (Presidente do Club). Grazas e animádevos a vir!

MOI IMPORTANTE: Indicar se alguén ten algunha alerxia alimentaria para telo en conta.

  • Localización da AAVV Camos en google maps
  • coordenadas (lat, lon): +42.1582, -8.7778
  • Cómo chegar:
    • desde Nigrán: pola estrada de Camos (Rúa dos Pazos), a 3km xirar á esquerda pola Rúa de San Roque (xunto ó Pazo da Touza), a 1,8km está a AAVV Camos.
    • desde Gondomar: desde o Campo da Feira (institutos) seguir cara á autoestrada e continuar (3km) ata o cruce coa PO332 (en dirección Nigrán), seguir pola Rúa dos Pazos ata o Pazo da Touza (2km) e Rúa de San Roque igual que no caso anterior.


 

Comments are closed.