O 22 de xullo a FGA fixo público un protocolo para o organización de competicións actuais e futuras mentres dure a pandemia COVID-19. As recomendacións básicas son parecidas ás da poboación xeral (distancia, hixiene, máscara) con apartados específicos para competicións e uso de instalacións. Van a continuación os enlaces ás normativas existentes:
Category: ‘Socios’
Volvemos a adestrar – maio 2020
Outra das novidades da fase 1 é que os atletas federados (non profesionais) tamén poden adestrar. Por tanto desde o 14 de maio volvemos á actividade segundo os horarios e indicacións dos adestradores. Será en grupos reducidos no campo de fútbol de Praia América, lugar habilitado polo Concello de Nigrán para esta actividade (temos autorización).
Lembrade que os participantes deben respectar as indicacións do adestrador, manterse separados e hai que levar a documentación e licenza federativa dixital por se fora necesario xustificar a presenza fora de horario e lugar de paseo e deporte individual. Estade pendentes dos grupos de mensaxería para os detalles.
A poñerse en forma de novo!
O Val Miñor sen franxas horarias – maio 2020
Esta semana ademáis do inicio da Fase 1 temos a novidade da eliminación das franxas horarias nos tres concellos do Val Miñor porque todos os núcleos de poboación teñen menos de 5000 habitantes. Tamén abren moitos establecementos e incluso o mercado de Sabarís. Desfrutade deste novo espazo de liberdade!
Actividade física no estado de alarma – maio 2020
A partir do dia 2 de maio (e mentres dure o estado de alarma) estará permitida a actividade física indvidual e os paseos, para maiores de 14 anos, unha soa vez ó día e nas franxas horarias de 6-10h e 20-23h. Os paseos poderán realizarse ata 1km do domicilio e as actividades deportivas só teñen como límite o concello de residencia. Non poderá utilizarse un vehículo para desprazarse ata o punto donde se realice a actividade, polo que ten que ser en bici ou a pé. A actividade deberá ser continua ou coas mínimas paradas imprescindibles.
Como en toda normativa hai aspectos pouco claros ou discutibles (cal é a o límite entre deporte e paseo para unha persoa maior que non pode correr ou andar en bici? por qué en municipios de menos de 5000 habitantes non hai horarios, cando en Galicia a poboación é dispersa tanto en concellos grandes como pequenos?). Pero aproveitemos esta oportunidade para ir volvendo pouco a pouco á vida normal, iso sí, con sentidiño!
Licenza dixital FGA 2020
Unha das próximas medidas que se adoptarán no proceso de volta á normalidade “post-pandemia” será a autorización de actividades deportivas controladas, tanto para deportistas federados como os que non están. Para facilitar a identificación dos atletas federados, a FGA acaba de solicitar á RFEA a emisión de licenzas dixitais para esta tempada. Segundo informa a federación éstas chegarán en próximas datas ós atletas que teñan proporcionado os datos precisos (sobre todo foto e correo electrónico). Máis información:
- Noticia na páxina da FGA
- Portal del atleta RFEA (neste enlace podedes verificar os datos de que dispón a RFEA de cada atleta)
Contra o confinamento… movemento!
Estes días case todo o mundo está preocupado e nervioso pola pandemia de coronavirus, e un dos mellores remedios é manterse activos inda que sexa dentro de casa. Agora máis que nunca o deporte é sinónimo de saúde. Ai van uns cantos artigos e vídeos que nos manda Óscar. E outro artigo sobre cómo se vive o confinamento nos confíns de Gondomar. Tamén os atletas de RunGalicia ofrecen unha colección de vídeos diarios de adestramento para facer en casa, cada día un novo con conexión en directo desde facebook. E o noso colaborador de Fisioterapia Garabullo comunica que segue á nosa disposición (tomando as debidas precaucións). Cuidádevos moito e vémonos pronto!
- Artigo en El País: “Confundir humanos con osos”
- Vídeo pilates
- Outro de pilates
- Outro máis
- Atlántico Diario: “a aldea máis alonxada do mundo”
- Vídeos de adestramento en casa de RunGalicia en facebook
- Comunicado de Garabullo Fisioterapia
(30-marzo) Desde o club pedimos que enviedes imaxes dos vosos adestramentos en casa para poñer nas nosas redes sociais (Facebook e Instagram). A continuación van os primeiros exemplos. Animádevos e participade!
Xa estamos na Arribada 2020
Xa falta pouco tempo para que empece a Arribada 2020. Estes dias estamos a montar o posto para que todo estea a punto, podedes ir vendo os progresos no facebook do club:
En el día de hoy volvimos a estar en la arribada y ya con caras de cansancio volvimos a dar lo máximo y el tiempo nos…
Publiée par S. Atlética VAL MIÑOR sur Dimanche 1 mars 2020
25ª Festa da Arribada – Baiona 2020
Este ano a FESTA da ARRIBADA de BAIONA celébrase os días 28 e 29 de febreiro e 1 de marzo (sí, este ano é bisiesto!).
Como todos os anos A Sociedade Atlética Val Miñor vai poñer un posto de comida na Festa da Arribada de Baiona. Como sabedes este evento é fundamental para poder facerlle fronte aos gastos do Club. Pra informar dos detalles convócase unha REUNIÓN INFORMATIVA o martes 18 de febreiro ás 1830h no Ximnasio do Club. Pregamos asistencia, especialmente os novos socios.
Grazas a todos pola vosa colaboración,
S. A. VALMIÑOR
RESUMO DA REUNIÓN INFORMATIVA (18 FEB): (máis…)
Nova equipación oficial do club 2020
Esta tempada 2020 o club estrea nova equipación, que se pode solicitar en dúas modalidades: Propiedade e Banco de Roupa. A continuación tedes a explicación completa, coa ficha de solicitude, prezos e descrición detallada:
CardioBaiona novo colaborador do club

- Páxina web: https://cardiobaiona.com
- Enderezo: Rúa das Areas 58 2ºB – Sabaris (Baiona)
- Teléfonos: 986354049 – 638561867 (tamén WhatsApp)
- correo: cardiobaiona@yahoo.es
- Localización (google maps)
- Oferta CardioBaiona para socios da S. A. Val Miñor