Category: ‘Resultados’

24º Cros Escolar AD Castro – San Miguel 2019

29 Setembro, 2019 Posted by savalminor

O 27 de outubro teremos no Parque de Castrelos de Vigo unha nova edición do Cros Escolar da Agrupación Deportiva Castro – San Miguel. Será a partir das 10h. Máis información:

(27 outubro) Parabéns para todos os participantes, destacando a Sergio Souto (2º) e Íñigo (5º) en Sub16, Irene Carrera (4ª) en Sub14, Bisrat (2º), Gabriela (2ª) e Brais (4º) en Sub10, Belén (1ª) e Liam (3º) en Sub8, Carla (1ª) en Olímpic@s. Sen esquecer a Javier Souto e Carlos Vilaboa que deixaron a súa pegada na clasificación paterna. Ben por eles!

Competicións setembro 2019

23 Setembro, 2019 Posted by savalminor

Comeza o outono e volta ó traballo, ó cole e cómo non, chega unha nova tempada de competicións. As primeiras citas deste mes de setembro son o 27 en Porriño (Milla das Festas do Cristo) e o 28 en Marín (Milla Urbana). Tedes máis información a continuación, pero antes comentar que o fin de semana do 22 foi tamén o Desafío Santander Illas Cíes, proba múltiple composta por unha travesía a nado de 10km (que xa foi o 31 de agosto), un triatlón e unha carreira popular de 7km. Nesta última participóu o atleta do club Guadix Rogel, acadando un destacadísimo 6º posto. Parabéns!

 

 

 

(máis…)

4ª Festa do Atletismo Galego en Marín 2019

8 Agosto, 2019 Posted by savalminor

O 14 de agosto celébrase en Marín a 4ª Festa do Atletismo Galego – Gran Premio Rías Baixas nas pistas de atletismo de San Pedro. As competicións serán entre as 18:00 e as 21.10h (haberá cámara de chamadas polo que hai que presentarse con tempo). Máis información:

(máis…)

Resultados 9ª Nigrán Area 2019

4 Agosto, 2019 Posted by savalminor

Onte pola mañá Praia América acolléu unha nova edición da Nigrán Area – e xa van nove – na que tomaron a saída máis de cincocentos atletas de tódalas categorías. Nesta ocasión o tempo foi amable cos deportistas, cunha mañá cálida pero non abafante e un sol lixeiramente peneirado pola néboa. As probas deron comezo algo despóis das 10h xa que a baixada da marea fíxose agardar algo máis do previsto (algún participante xa estaba dubidando se mudar as zapatillas polas aletas e o neopreno). Na primeira proba Sub16 resultaron vencedores Sergio Souto do noso club e Marcela Morgado do Trega, con Íñigo Millán en terceira posición. En Sub14 venceron Javier Acuña e Elisa Morgado (tamén do Trega, coa súa compañeira Carmen Magallanes en segundo lugar), con Irene Carrera en terceira posición. En Sub14 os gañadores foron Álex Sierpes (do Trega) e Sabela Castelo. En Sub10 quedaron nas primeiras posicións Jun Sieira e Gabriela Bouzada, acompañados no podio polos atletas do club Brais Montes e Carmen Rodríguez.

Na carreira absoluta os vencedores foron Óscar Bernárdez seguido de Marcos Paz e Raúl Corrales na categoría masculina e na feminina Elsa Pena con Leticia Fernández Barbosa e Elena Costas (que ademáis foi primeira da súa categoría e primeira atleta local). Destacar a actuación de Guadix Rogel do noso club, quinto clasificado na absoluta e primeiro en Sub20. Tamén a de Daniel Puentes, primeiro en Sub18 e segundo do club, Nanda que foi segunda na súa categoría e primeira do club… por mencionar ós que subiron o podio, pero sen esquecer ós demáis. 

A mañá remataba coas carreiras Sub8 e pitufos e a continuación a entrega de premios. Parabéns para todos os atletas, voluntarios e tamén ós patrocinadores que fan posible este evento e esperamos volver atoparnos todos o ano que ven para celebrar o décimo aniversario!

Máis información e resultados:

FOTOS (máis…)

9ª Nigrán Area 2019

22 Xullo, 2019 Posted by savalminor

A Sociedade Atlética Val Miñor e a Concellería de Deportes do Concello de Nigrán organizan o sábado 3 de agosto de 2019 a 9ª Edición da Carreira Nigrán Area que dará comezo as 10:00h. Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas. O control da carreira estará a cargo dos Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
 
MÁIS INFORMACIÓN:

(máis…)

Últimas competicións en pista xullo 2019

22 Xullo, 2019 Posted by savalminor

Estes son os últimos resultados do mes (e peche da tempada de pista ata fin de ano):

Festa Escola Gustavo Dacal en Pontevedra 2019

22 Xullo, 2019 Posted by savalminor

O mércores 24 de xullo celébrase en Pontevedra a Festa Escola Gustavo Dacal organizada polo Club Atletismo Rias Baixas e a FGA. Máis información:

25º Trofeo Cidade de Pontevedra – Memorial Celso Mariño 2019

10 Xullo, 2019 Posted by savalminor

O 10 de xullo celébrase en Pontevedra o 25º Trofeo Cidade de Pontevedra – 23º Memorial Celso Mariño. Será a partir das 18:20h no Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Máis información:

13º Trofeo Alfonso Posada en Vigo 2019

9 Xullo, 2019 Posted by savalminor

O sábado 13 de xullo celébrase en Vigo o 13º Trofeo Alfonso Posada de atletismo en pista. Organizado por Celta Atletismo. Será nas pistas de Balaídos a partir das 18:30h. Máis información:

Resultados semana 6-7 xullo 2019

7 Xullo, 2019 Posted by savalminor

Este fin de semana houbo Campionato de España Sub16 en Gijón, ó que asistiron Ainhoa e Sergio acompanados polo seu adestrador Óscar. Parabéns para eles e esperamos que desfrutaran coa experiencia. Esta é a información: