Category: ‘Resultados’

Resultados Atapuerca 2019

8 Novembro, 2019 Posted by savalminor

Este ano a viaxe a Atapuerca é un pouco máis apretada que en anteriores ocasións debido ás elecións do domingo 10 de novembro que obrigaron a adiantar o Cross. Ademáis o frío chegóu con forza e promete temperaturas baixas para esta noite e mañá. Malia estes inconvintes agardamos que sexa todo un éxito e unha boa experiencia para todos. E, por suposto, MOITA SORTE para os corredores!!

A continuacións iremos engadindo os resultados, álbumes de fotos, noticias e toda a información que nos chegue. De momento aí vai o enlace para ver a Gala de Benvida de hoxe e a retransmisión de mañá:

(máis…)

21º Cros Escolar do Val Miñor en Baiona 2019

7 Novembro, 2019 Posted by savalminor

O domingo 15 de decembro de 2019 temos o 21º Cros Escolar do Val Miñor en Sabarís (Baiona). Será a partir das 10:45h, coma sempre no circuíto do antigo campo de fútbol de Ladeira. As inscricións dos nosos atletas as tramita o club a través de XOGADE. Coma outros anos tamén poden inscribirse os centros educativos, ou individualmente no Servizo de Deportes do Concello de Baiona (tel: 986356558, deportes@baiona.org). O prazo permanecerá aberto ata o 11 de decembro.

Máis información:

(máis…)

Torneio de Abertura de Pista en Guimarães 2019

5 Novembro, 2019 Posted by savalminor

O domingo 10 de novembro celébrase en Guimarães (Portugal) o Torneio de Abertura de Pista na Pista de Atletismo Irmãos Gémeos Castro. Será pola mañá a partir das 9:30h (hora portuguesa, 10:30h española). O club ten previsto acudir cos atletas infantís que o desexen e non vaian ó Cross de Atapuerca (que será o sábado 9). Máis información:

(10-nov) Finalmente nesta proba non houbo participación do club

41º Memorial Belarmino Alonso 2019

4 Novembro, 2019 Posted by savalminor

O 24 de novembro celébrase o 41º Memorial Belarmino Alonso no circuíto de San Andrés de Comesaña (Vigo). Este Cros servirá como Fase Zonal do programa Xogade e os atletas que desexen participar nesta modalidade deberán indicalo no momento da inscrición, que poderá efectuarse na páxina do club comesana.org ata o 21 de novembro ás 20h ou mediante correo electrónico (consultar regulamento para os detalles). Máis información:

(24-nov) No Memorial Belarmino os atletas do club tiveron que facer un enorme esforzo para superar as malas condicións da xornada. En Sub10-fem participaron Gabriela (2ª), Carmen (4ª), Lucía (5ª), Belén, Raquel e Iria acadando o 1º posto por equipos. En Sub10-masc estiveron Bisrat (2º), Brais, Iván, Aarón, Pedro, Xaime, Adrián, Sergio e Miguel acadaron o 2º posto por equipos, En Sub12-fem estiveron Isis (6ª), Alexandra e Julia, en Sub12-masc Sergio Gil (6º), Mateo, Adrián, Alexandre e Lois que acadaron o 3º posto por equipos, en Sub14-fem estiveron Nerea, Nuria e Dewisa, en Sub14-masc Xesús foi 4º,  en Sub16-fem Nadia, Paula, Sira e Lorena acadaron o 4º posto por equipos, en Sub16-masc participaron Sergio Souto (4º), Íñigo e Jorge, e en Sub18-20 estiveron Abel e Juan. Parabéns para todos eles!

FOTOS

Resultados semana 2-3 novembro 2019

3 Novembro, 2019 Posted by savalminor

Este primeiro fin de semana de novembro coincidiron unhas minivacacións para os rapaces, a festa de Samaín (ou Santos ou Halloween segundo os gustos e culturas) e un par de competicións o domingo: a Liga Abanca en Vilagarcía e a Carreira Popular Vigo+11. Na Liga Abanca destacar os resultados en Sub14 (Bruno doble prata en 60m e 60m valados, Nayr 1ª en 60m e Manuela 1ª en altura) e Sub10 (Gabriela 2ª en 50m). Na Vigo+11 en Sub10 subiron ó podio Brais (1º) e Lucía (2ª),  en Sub8 Liam foi 1º e en Sub14 Irene tamén foi 1ª. Quedaron en postos destacados Iván (6º en Sub10),  David (4º en Sub14), Mateo (8º en Sub12), Íñigo (5º en Sub16-18) e na absoluta participaron Nanda (2ª na súa categoría), Daniel, Jesús e Jose Manuel. Parabéns para todos!

Ademáis houbo atletas do club noutros eventos, como a 5ª Carreira Popular de Mondariz (Brais 1º en Sub10, vaia fin de semana rapaz!) ou o 7º Trail Serra da Groba (no Trailiño de 12km estivo Juan Antonio González).  Aquí está o resumo de información e resultados: 

(máis…)

Resultados semana 26-27 outubro 2019

26 Outubro, 2019 Posted by savalminor

Este fin de semana do 26-27 de outubro temos competicións de pista en Marín (o sábado 26) e cros en Vigo (AD Castro-San Miguel, o domingo 27). Ademáis algúns maiores acudirán a Bouzas á Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple. Este é o resumo de resultados (iremos engadindo a medida que estean dispoñibles):

13ª Carreira Popular Vigo+11 2019

22 Outubro, 2019 Posted by savalminor

O domingo 3 de novembro celébrase a 13ª CARREIRA POPULAR VIGO +11 organizada pola Delegación de Vigo da FGA e o Concello de Vigo. Será a partir das 10h no circuíto habitual (Cánovas del Castillo). Inscricións a cargo dos atletas en ChampionChipNorte. Máis información:

(3-nov) en Sub10 subiron ó podio Brais (1º) e Lucía (2ª),  en Sub8 Liam foi 1º e en Sub14 Irene foi 1ª. Quedaron en postos destacados Iván (6º en Sub10),  David (4º en Sub14), Mateo (8º en Sub12), Íñigo (5º en Sub16-18) e na absoluta participaron Nanda (2ª na súa categoría), Daniel, Jesús e Jose Manuel. Parabéns para todos!

(máis…)

7ª Carreira Vigo Contra el Cáncer 2019

20 Outubro, 2019 Posted by savalminor

Este domingo 20 de outubro celebróuse en Vigo a 7ª Edición da Carreira “Vigo contra el Cáncer” con varias competicións: unha andaina, carreira de 5km e outra de 10km. Como en edicións anteriores pode facerse unha inscrición km0 (que segue aberta mediante paypal) para recadar fondos adicados á investigación oncolóxica. Máis información:

Nesta edición participaron os atletas do club Juan Manuel González e Fernanda Martín (se hai alguén máis avisade…)

(máis…)

1ª Xornada Circuito Primitivo Simón – Marín 2019

8 Outubro, 2019 Posted by savalminor

O sábado 26 de outubro celébrase en Marín a 1ª Xornada Circuito Primitivo Simón organizada polo club Atletismo Rías Baixas. Será nas Pistas de Atletismo de San Pedro en Marín. Como novidade haberá unha proba de exhibición de Pentasalto (salto de 5 pasos). Máis información:

(26 outubro) Boa actuación do club con podios de Bruno e Nayr en 60m, Manuela e Uxía en 60mv e Manuela en altura. Parabéns para todos!

8ª Liga ABANCA de inverno para categorías menores 2019

3 Outubro, 2019 Posted by savalminor

Nos vindeiros meses dispútase a 8ª Liga de Inverno Abanca para Categorías Menores (Sub10-12-14) con dúas fases, unha provincial con tres xornadas no mes de novembro e unha fase final autonómica o 15 de decembro en Ourense. Nesta páxina poñeremos o resumo de información e resultados de todas as fases. As novidades máis importantes desta edición son que non será preciso completar equipos e non haberá límite de atletas por club, pero haberá que pagar 2 euros por atleta en cada xornada. Por ese motivo os atletas interesados deberán comunicalo ó adestrador. Máis información:

(máis…)