Category: ‘Resultados’

Resultados competicións 17-18 febreiro 2018

17 Febreiro, 2018 Posted by javier

Este fin de semana houbo competicións en A Pobra do Caramiñal (Xogade), o Cros de San Miguel de Oia (Vigo) e en Vilagarcía. Os resultados están nas páxinas de cada evento (ver axenda de competicións), pero os resumimos tamén aquí. Grazas a todos por participar e parabéns por ese cuarto posto por equipos na Pobra e todos os trofeos acadados no Cros de Oia e en Vilagarcía!

 

Resultados IV Carreira Entroido Concello de Vigo

12 Febreiro, 2018 Posted by javier

Nesta carreira Gabriel Canedo quedóu primeiro na súa categoría. Parabéns para él! Podedes consultar os resultados dispoñibles en ChampionChipNorte (só para as categorías superiores). Foto axunta publicada no Atlántico Diario.

 

I Control de Inverno Sociedad Gimnástica de Pontevedra 2018

1 Febreiro, 2018 Posted by javier

O 10 de febreiro tamén hai competición en Pontevedra, neste caso o Control de Inverno organizado pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra. Información e resultados:

 

 

Campionato de Galicia Sub16 Ourense 2017-2018

31 Xaneiro, 2018 Posted by javier

E xa en marzo, o día 11 será o Campionato de Galicia Sub16 na Nova Pista Cuberta de Ourense:

 

 

Campionato de Galicia Sub14-Sub12-Sub10 Ourense 2017-2018

31 Xaneiro, 2018 Posted by javier

Tamén en Ourense, o domingo 25 de febreiro celébrase o Campionato de Galicia Sub14-12-10 en Pista Cuberta (que inicialmente estaba previsto en A Coruña):

 

 

Campionato de Galicia Sub18 e Sub20 Ourense 2017-2018

31 Xaneiro, 2018 Posted by javier

O vindeiro 24 de febreiro celébrase en Ourense o Campionato de Galicia Sub18-20 en Pista Cuberta (NOTA: este campionato estaba previsto inicialmente en A Coruña):

 

 

XLI Trofeo de Campo a Través – San Miguel de Oia 2018

30 Xaneiro, 2018 Posted by javier

O 18 de febreiro de 2018 celebraráse en San Miguel de Oia (Vigo) o XLI Trofeo de Campo a Través. Este ano a carreira está dedicado á muller, e haberá un sorteo de vales de material deportivo entre todas as mulleres que tomen a saída na carreira popular. 

(18-2-2018) Resultados engadidos, parabéns para todos e botade unha ollada ás categorías Sub10 e Prebenxamín porque paga a pena, brav@s Alexandra, Sergio, Bisrat, Gabriela e todos os demáis. Veñen pisando forte! (sen esquecer ós xuvenís e veteráns que tamén fixeron hoxe a súa parte, senón fixádevos nas fotos de abaixo)

  • HORARIOS:

          10:00 Sub16-fem 2100 m
          10:15 Sub16-masc 3700 m
          10:30 Sub14-fem 1575 m
          10:45 Sub14-masc 2100 m
          11:00 Sub12-fem 1075 m
          11:10 Sub12-masc 1575 m
          11:20 Sub10-fem 700 m
          11:30 Sub10-masc 700 m
          11:40 Carreira Popular 8000 m
          12:50 Sub18 e Sub20 3700 m
          13:00 Prebenxamín-fem (2011-12) 527 m
          13:10 Prebenxamín-masc (2011-12) 527 m
          13:15 “Olímpicos” fem (2013 en diante) 100 m
          13:20 “Olímpicos” masc (2013 en diante) 100 m
          13:30 Entrega de Premios

 

 

 

FOTOS DOS PODIOS

(Grazas ós asistentes por compartilas)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Campionato de Galicia Absoluto de Campo a Través Individual e Clubs – Ribadavia 2018

30 Xaneiro, 2018 Posted by javier

O 4 de febreiro de 2018 terá lugar o Campionato de Galicia Absoluto de Campo a Través Individual e Clubs en Ribadavia (Ourense). Magnífica actuación de Elena que se converte en Subcampiona de Galicia. Parabéns para ela e para todos os seus compañeiros polo esforzo realizado!

      10:30 Sub20-feminino 5000 m
      11:00 Sub20-masculino 7000 m
      11:35 Sub23-feminino 9000 m
      12:35 Sub23-masculino 9000 m

  • Inscricións a cargo do club a través da web RFEA
  • RESULTADOS (4-feb ás 12h): Junior Feminino, Masculino

 

 

  • Fotos (grazas a todos os que as enviaron):

 

       

   

Campionato Provincial Pontevedra Xogade Campo a Través – Portas 2018

30 Xaneiro, 2018 Posted by javier

O 3 febreiro 2018 celébrase en Portas (Pontevedra) o Campionato Provincial Pontevedra Xogade de Campo a Través. Aquí tedes toda a información sobre o evento e os resultados completos (4-feb):

AVISO IMPORTANTE (1-feb-2018): Temos un autobús reservado (Nº 2) para ir á carreira. Sairá do Campo de Fútbol As Cercas (Av. Diego Sarmiento de Acuña, o noso lugar de adestramento habitual). A hora de saída é as 9:15 e o regreso ás 13h aprox. Hai reservadas 43 prazas, en primeiro lugar para os atletas, logo para a directiva e por último para acompañantes. Preferimos que os atletas vaian todos xuntos se é posible. Sede puntuais e lembrade levar o dni!

           11:00 Benxamín-fem 800 m
           11:10 Benxamín-masc 800 m
           11:20 Alevín-fem 1125 m
           11:30 Alevín-masc 1725 m
           11:40 Infantil-fem 1725 m
           11:55 Infantil-masc 1925 m
           12:10 Cadete-fem 1925 m
           12:25 Cadete-masc 3925 m

    • Inscricións a cargo do club a través do programa Xogade.
    • NOTA: en infantís hai dous equipos por grupo, por decisión dos adestradores e directiva a seleción de equipos faráse por sorteo, primando o criterio de igualdade sobre a competitividade.
    • (29/1/2018) O resultado do sorteo efectuado na sede do club foi o seguinte: os equipos infantís femininos estarán formados por Nuria+Nerea+Irene+Lía e Patricia+Sira+Paula+Sinaí. Os masculinos serán Jacobo+David+Lucas+Bruno e Jesús+Jorge+Isaac+Samuel.

 

 

 

  • Algunhas fotos enviadas polos que estiveron alí (se hai algunha máis podedes enviala e a engadimos):

 

 

    

 

I Carreira Calvario 5+5 2018

30 Xaneiro, 2018 Posted by javier

O 28 de xaneiro o barrio vigués do Calvario recuperóu o atletismo coa primeira edición da carreira popular Calvario 5+5 en Vigo, con saída e meta no Mercado e un circuíto de 5km ou 10km para os maiores e distancias inferiores para os nenos. Nestas categorías estivo Gabriela, que gañóu nuns 700m feitos a velocidade olímpica. Norabóa!