Category: ‘Noticias e comunicados’

42ª Carreira Pedestre Popular do San Martiño – Ourense 2018

20 Novembro, 2018 Posted by javier

O domingo 18 de novembro Ourense celebróu o San Martiño facendo deporte na 42ª Carreira Pedestre Popular, que xa está consolidada coma unha das probas máis importantes da nosa comunidade. Nesta ocasión xuntáronse máis de 8000 atletas entre categorías absoluta (10km), escolar (4,7km), cativos e inclusiva (1,4km). Nesta carreira participaron varios atletas do club, como Juan Antonio e Juan Manuel, Antón, Jesús Couto… parabéns para eles! Máis información e resultados:

 

 

(máis…)

V Invasión Celeste Fe Seguros – Vigo 2018

15 Novembro, 2018 Posted by javier

O vindeiro 8 de decembro as rúas de Vigo acollerán a demostración dun novo modelo de mobilidade urbana que non usa combustibles fósiles, con tracción integral e tapicería monocolor… celeste. Será a V Invasión organizada pola Fundación Celta en colaboración con La Fe Seguros. Inscricións ata o 2 de decembro. NOTA: esta carreira ten custo para os participantes: 2 euros (<2011), 5 euros (2004-11) e 8-12 euros (maiores).

(8 decembro) Pouca participación de atletas do club, pero máis de un subíu ó pódio (Gabriela, Irene, David). Parabéns para todos os que se animaron a ir!

Máis información:

(máis…)

IV Trofeo Solidario de Nadal Celta Atletismo – Vigo 2018

15 Novembro, 2018 Posted by javier

O 15 de decembro o Celta de Atletismo organiza o 4º Trofeo Solidario de Nadal en Balaídos. Será para categorías desde Prebenxamín ata Sub-16. A inscrición para atletas federados ten que facela o club na páxina da RFEA, para non federados hai un número limitado de prazas e pode facerse a través do correo: inscripcionescelta@gmail.com. Como en edicións anteriores a inscrición será gratuita pero pódese doar un xoguete novo ou alimentos non perecedoiros o día da carreira ou no momento de recoller o dorsal.

 

XX Cros Escolar do Val Miñor en Baiona 2018

15 Novembro, 2018 Posted by javier

(NOTA: aprazado ó 13 de xaneiro de 2019)

O domingo 16 de decembro 13 de xaneiro de 2019 temos o 20º Cros Escolar do Val Miñor en Sabarís (Baiona). Será a partir das 10:30h, coma sempre no circuíto do antigo campo de fútbol de Ladeira. As inscricións dos nosos atletas xa as tramita o club a través de XOGADE. Coma outros anos tamén poden inscribirse os centros educativos, ou individualmente no Servizo de Deportes do Concello de Baiona (tel: 986356558, deportes@baiona.org). O prazo permanecerá aberto ata o 12 de decembro.

(13-xan) Neste evento houbo unha gran presencia do club en tódalas categorías, con podios de Sergio en Sub16, David, Irene e Nerea en Sub14, Isis en Sub12, Bisrat e Gabriela en Sub10. Parabéns para todos!

Máis información:

(máis…)

40º Memorial Belarmino Alonso 2018

12 Novembro, 2018 Posted by javier

O 25 de novembro celébrase o 40º Memorial Belarmino Alonso no circuíto de San Andrés de Comesaña (Vigo). Este Cros servirá como Fase Zonal do programa Xogade e esta edición non forma parte do calendario oficial da federación. As inscricións poderán efectuarse ata o xoves 22 de novembro ás 20h mediante correo electrónico a comesana@comesana.org ou na web laptime.es. Máis información:

(máis…)

Resultados Atapuerca 2018

11 Novembro, 2018 Posted by javier

Aquí iremos poñendo os resultados oficiais, álbumes de fotos, noticias… mentres podedes seguir a retransmisión en directo (ou velo máis tarde):

(máis…)

Viaxe Atapuerca 2018

10 Novembro, 2018 Posted by javier

A nosa cita anual con Atapuerca comeza como sempre no aparcamento do Pavillón de Gondomar, donde tras os últimos preparativos e despedidas arranca o bus que nos levará ata o albergue. Nesta ocasión a choiva foi unha insistente compañeira durante boa parte de viaxe. Esperemos que o domingo pola mañá deixe unhas horas de tregua, porque xa sabemos que pola tarde nos estará esperando para acompañarnos de volta á “terra dos mil ríos”. 

Chegamos a Burgos sen novidade, cea e a descansar que mañá toca revisar o circuíto, adestrar e tamén algo de turismo. Este ano iremos a visitar Mina Esperanza, unha antiga mina de ferro en Olmos de Atapuerca que conta cun curioso museo subterráneo de minerais. (máis…)

XV Cros Internacional de Atapuerca – Burgos 2018

5 Novembro, 2018 Posted by javier

O domingo 11 de novembro de 2018 celébrase o XV Cross Internacional de Atapuerca no circuíto permanente do Centro de Arqueoloxía Experimental (CAREX). Próximamente engadiremos máis información. Mentres podedes botarlle un ollo ó vídeo promocional, que como sempre é moi chulo!

NOTA (22/10/18): Xa estamos organizando a viaxe. Pregamos que os interesados o comuniquen o antes posible (dentro desta semana). Grazas!

AVISO (26/10/18): Esgotadas as prazas para Atapuerca. Xa estamos anotando os corredores, revisade as listas para ver se hai erros (enlaces a continuación).

(5/11/18): Convocada unha reunión o martes 6 de novembro ás 18:15h para tratar os detalles da viaxe. Pregamos asistencia dos interesados. Publicado o listado provisional de inscritos, o prazo de reclamacións remata o martes 6 ás 24h.

(7/11/18): IMPORTANTE: Non esquezades cubrir a autorización para os menores que non vaian acompañados polos seus pais ou titores legais.

(8/11/18) Últimos avisos: A saída será ás 16:00h desde o aparcamento do Pavillón de Gondomar. Os prezos da viaxe son 20€ os nenos e 70€ os adultos. O pagamento será o mesmo día da saída. As comidas serán no único bar do lugar de hospedaxe, e por cada comida ou cea aboaránse 6,5€/persoa. Tamén haberá unha visita a Mina Esperanza (en Olmos de Atapuerca) que custa 6€. Non esquezades levar roupa de abrigo, toallas e para o almorzo taza e galletas ou cereais (o club leva leite e cacao para todos). Pregamos puntualidade. Grazas!

 

(máis…)

VI Trail Serra da Groba 2018

4 Novembro, 2018 Posted by javier

O sábado 3 de novembro celebróuse en Baiona o VI Trail Serra da Groba con 3 modalidades, Trail de 42 km, MiniTrail de 25 km e Trailiño de 12km. Na proba de 25km participóu Juan que conseguíu rematar o recorrido mália o mal tempo e peor orografía… ben por el! A continuación tedes os detalles do evento:

(máis…)

Rifa de Nadal 2018

4 Novembro, 2018 Posted by javier

A Sociedade Atlética Val Miñor comenza estes días a venda de rifas que entrarán no sorteo dun reloxo pulsómetro, que será para o número que coincida coas 4 últimas cifras do primeiro premio do sorteo da Lotería de Nadal do 22 de decembro de 2018. O prezo das rifas é de 1 euro. Grazas a todos pola colaboración.