Category: ‘Noticias e comunicados’

59ª Milla Urbana Nocturna A Pobra 2018

16 Setembro, 2018 Posted by javier

 O venres 14 de setembro celebróuse en A Pobra do Caramiñal (A Coruña) a 59ª (nada menos!) edición da Milla Urbana Nocturna, con diferentes recorridos para todas as categorías, desde chupetes a veteráns. Nela competiron as atletas do club Elena e Nanda, quedando en primeira e terceira posición na absoluta. Parabéns para elas!

Máis información:

 

(máis…)

Fin de semana en Muíños 2018

8 Setembro, 2018 Posted by javier

Este fin de semana do 7 ao 9 de setembro de 2018 estamos de campamento no Albergue do Corgo en Muíños (Ourense). Saímos o venres pola tarde e chegamos ó albergue pouco antes das 7. Logo cea e a durmir para erguerse cedo …

(máis…)

Campamento de pretemporada en Muíños 2018

29 Agosto, 2018 Posted by javier

Como tódolos anos, o club organiza no mes de setembro un campamento de pretemporada en Muíños (Ourense). Será do 7 ao 9 de setembro, e a estadía correrá a cargo dos atletas e acompañantes (este ano o club só pode facerse cargo do traslado en autobús). O prezo é de 30€/día en pensión completa (2 días = 60€).
O xoves 30 de agosto haberá unha reunión no ximnasio do club para explicarlle en qué consiste o campamento ós pais que manden por primeira vez ós seus fillos (os que repiten xa non é preciso que asistan).
 
NOTA INFORMATIVA (2-setembro)

Saída o día 7 ás 16:30 h do Pavillón de Deportes de Gondomar (xunto ós institutos Terra de Turonio e Auga da Laxe). Lembrade levar o DNI e tarxeta sanitaria e asinar a autorización para os nen@s que vaian sen os pais ou titores. O importe do campamento aboarase no momento da saída. A autorización pode obterse no enlace a continuación e haberá algunhas en papel o día da saída.

Esperámosvos!
 
A Directiva da S.A. Valmiñor

(máis…)

Horarios de adestramento 2018-2019

28 Agosto, 2018 Posted by javier

Horarios de adestramento 2018-2019

(Os cambios puntuais nos horarios e lugar de adestramento comunicaránse mediante os grupos de mensaxería, para iso todos os socios deberán comunicar un número de teléfono móbil na ficha de inscrición ou directamente ós adestradores)

_______________________________________________________________________

CATEGORÍAS SUPERIORES (DE INFANTIL-SUB14 A VETERÁNS):

  • Adestrador: Óscar Fernández Villar
  • Días e horas: Martes, xoves e venres de 18:00 a 19:30 h (Sub14-Infantil) e de 19:00 a 20:30 h (Maiores).
  • Punto de reunión: Entrada do Campo de Fútbol das Cercas (Gondomar).
  • Algúns adestramentos faránse en pista ou na praia segundo criterio do adestrador.

_______________________________________________________________________

CATEGORÍAS INFERIORES (DE PREBENXAMÍN A ALEVÍN-SUB12):

  • Adestrador: Brais Gómez Vilar
  • Días e horas: Martes, xoves e venres de 18:30 a 20:00 h
  • Punto de reunión: Entrada do Campo de Fútbol das Cercas (Gondomar)

_______________________________________________________________________

(máis…)

XXXII Carreira Popular de Randufe-Tui 2018

25 Agosto, 2018 Posted by javier

O domingo 26 de agosto terá lugar en Randufe (Tui) a 32ª Carreira Popular organizada pola Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza de Randufe. A partir das 10 horas. A inscrición é gratuita pero se solicita a colaboración dos participantes cun kilo de alimentos non perecedoiros que se donarán a SOS Tomiño Baixo Miño. Colaboran o Concello de Tui, Comunidade de Montes de Randufe, Cruz Vermelha portuguesa e outras entidades. Inscricións antes do 23 de agosto no correo carreirapopularxuntanza@gmail.com.

Resultados Nigrán Area 2018

12 Agosto, 2018 Posted by javier

O sábado 11 de agosto Praia América enchéuse de verde-miñor coa oitava edición da Nigrán Area, na que se deron cita uns 450 atletas. O tempo acompañóu, malia que á hora da carreira absoluta o sol xa empezaba a pegar forte. As probas deron comenzo ás 10 da mañá coa categoría Sub16 na que Gabriel Canedo fíxose coa victoria, seguido por Martín Vidal. En Sub14 a victoria foi para Carolina Santos Villalón e Rodrigo Salamanca, cunha boa representación do club nos primeiros postos: Sira Martínez (2ª), Paula Álvarez (3ª), Jesús González (4º), Lucas Docampo, Jorge Calero…). En Sub12 Uxía Vidal e Xesús Martínez acadaron o 1º e 2º posto das súas categorías, e en Sub10 Sergio Gil e Alexandra Álvarez Pacheco quedaron en 2º posto. 
Na carreira absoluta a victoria foi para Iván Docampo e Leticia Fernández, con Elena Costas nun magnífico 2º posto feminino e primeira clasificada do club xunto con José Manuel Rodríguez.

Parabéns a tódolos atletas polo seu esforzo e participación, sen esquecer ós voluntarios e colaboradores que fixeron posible a organización deste evento que xa está consolidado como un dos máis importantes do calendario deportivo do Val Miñor.

A continuación vai un resumo de información con resultados, noticias de prensa e algunhas fotos:

FOTOS

(máis…)

Carreira Popular Festas do Monte – A Guarda 2018

5 Agosto, 2018 Posted by javier

O sábado 4 de agosto de 2018 celébrase en A Guarda a tradicional Carreira Popular coincidindo coas Festas do Monte Trega. Organizada pola Sociedade Atlética do Trega.

(10 agosto) Gabriela Bouzada queda 1ª na categoría prebenxamín feminino. Parabéns!

Máis información:

IMPORTANTE: Aprazada para o 10 de agosto por alerta laranxa!!

 

Colaboración Nigrán Area 2018

18 Xullo, 2018 Posted by javier

Estimad@s Soci@s,

Como sabedes o club organiza o vindeiro sábado 11 de agosto a VIII Edición da Carreira Nigrán Area. Para que este evento sexa un éxito como nas edicións anteriores precisamos da vosa colaboración para a organización (entrega de dorsais, avituallamento, montaxe e desmontaxe do circuíto, etc).
 
Grazas a tod@s
 

VIII Nigrán Area 2018

15 Xullo, 2018 Posted by javier

A Sociedade Atlética Val Miñor e o Concello de Nigrán organizan o sábado 11 de agosto do 2018 a VIII Edición da Carreira Nigrán Area que dará comezo as 10:00h. Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas. O control da carreira estará a cargo dos Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
 
HORARIOS E CATEGORÍAS:
  • 10:00 Sub16 2003-4 2000m
  • 10:15 Sub14 2005-6 1500m
  • 10:30 Sub12 2007-8 1000m
  • 10:40 Sub10 2009-10 500m
  • 10:45 Prebenx 2011-12 300m
  • 10:50 Pitufos 2013-14 100m
  • 11:00 Absoluta 2002 e ant. 6000m
  • 12:00 Entrega de premios
Na carreira absoluta haberá as seguintes categorías:
  • Sub18 (2001-2)
  • Sub20 (1999-2000)
  • Sub23-Senior (1998 ata 35 anos)
  • Máster A (35 a 44 anos)
  • Máster B (45 a 54 anos)
  • Máster C de (55 anos e maiores)
 

(máis…)

39º Gran Premio Cidade de Vigo

7 Xullo, 2018 Posted by javier

A Agrupación Viguesa de Atletismo (AVA) en colaboración co Concello de Vigo organiza o domingo 8 de xullo o XXXIX Gran Premio Cidade de Vigo de Atletismo en Pista, a celebrar en xornada de tarde. Polo noso club asistirán vari@s atlet@s. Boa sorte a tod@s! Máis información e resultados: