- Enderezo: Rúa das Pontes 4 Oficina 2.17 (Porto do Molle) – 36350 Nigrán
- Tel: 986353586 – 610388800
- Páxina web: www.sinfomac.com
- correo: sinfomac@sinfomac.com
- Cómo chegar: ligazón a google maps
Category: ‘Noticias e comunicados’
Sinfomac colabora co club
San Silvestre Solidaria Nigrán 2018
O domingo 30 de decembro Nigrán celebra a San Silvestre Solidaria cunha proba de 6 km que sairá ás 19:00 horas do Pavillón Municipal de Panxón e chegada ó mesmo punto, recorrendo Praia América e Monte Lourido. Nesta proba a clasificación non se mide co cronómetro senón cunha báscula, para ver quén aporta a maior cantidade de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos Municipal. A inscrición e entrega de alimentos é o mesmo día da proba (mínimo 1 kg). Ó rematar a proba haberá unha gran festa no Pavillón con chocolatada e actuación a cargo da Argonat Band. Animádevos, é por unha boa causa e tamén serve para reducir os efectos da inxesta masiva de crustáceos, moluscos e cefalópodos propia destas datas. Máis información:
NOTA: segundo comentan fontes ben informadas (=Juan) hai que ir de verde!
Resultados 22-23 decembro e últimas citas de 2018
Excepcional actuación do equipo infantil feminino na fase final da Liga Abanca en Ourense, con 4 victorias (en 10 probas), varios segundos e terceiros postos e dous récords galegos, Manuela González en altura (1,55m) e 4×100 (Uxía, Irene, Nuria, Nayr). Parabéns para elas!
Este domingo tamén en Ourense é a 2ª Xornada da Copa Deputación:
Xa están tamén os resultados da Carreira do Pavo en Vigo (últimas noticias… non había pavo, se cadra deberían cambiarlle o nome á carreira). Importante participación do club, con varios atletas nos primeiros postos (destacar a doble victoria en Sub10 de Bisrat e Gabriela, pero tamén o 2º e 4º de Gabriel e Abel en Sub18, 3º de Nerea en Sub14, 2º de Isis en Sub12). Parabéns para todos!
Avisos fin de semana 15-16 decembro 2018
Este fin de semana preséntase algo movido por diferentes circunstancias: suspéndese polo momento o 4º Trofeo Solidario do Celta Atletismo previsto para o sábado 15 en Balaídos (para categorías Sub16 e inferiores), e as 4ª Series Municipais de Vigo quedan aprazadas debido á falta de homologación da pista. En Baiona tamén se apraza o 20º Cros Escolar do Val Miñor (para Sub16 e inferiores) polas malas previsións meteorolóxicas. Será o 13 de xaneiro se non hai novidade. A cambio os nosos atletas poderán acudir (se o tempo o permite) ó 18º Cros Andrés Abanqueiro que nesta ocasión cambia de localización, de Castrelos á Universidade de Vigo. Esperemos que ningúen se lie con tantos cambios…
NOTA: Todavía estades a tempo de anotarvos para a Cea de Nadal do Club, reservade praza o antes posible!
(13-dec) Finalmente, o Trofeo Solidario do Celta foi cancelado porque o mal tempo impide rematar as reparacións na pista de Balaídos ( “Un tortazo a la solidaridad” – Noticia en Faro de Vigo)
(16-dec) Resultados do Cros Andrés Abanqueiro
Obras na Pista de Atletismo de Balaídos en Vigo
As obras de reparación que se están a realizar nas pistas de Balaídos van impedir o seu uso entre o 10 e 12 de decembro. Estas mesmas obras obrigan a proceder a unha nova homologación da pista para probas de velocidade, polo que mentres tanto as marcas obtidas en competición non serán oficiais. Isto obriga a aprazar a 1ª Xornada das Series Municipais prevista para o 15, manténdose nesa mesma data o Trofeo Solidario do Celta Atletismo:
Competicións primeiro trimestre 2019
Estas son as competicións previstas para os primeiros meses de 2019:
- 24 febreiro: 12º Campionato de Galicia Sub10-12-14 Pista Cuberta en Ourense (aprazado do 12/1)
- 23 febreiro: 62º Campionato de Galicia Sub18-20 Pista Cuberta en Ourense
- 17 febreiro: 9º Cros Colexio Monterrey en Vigo
- 17 febreiro: 42º Trofeo de Campo a Través San Miguel de Oia en Vigo
- 16 febreiro: 2º Control de Marcas en Pista ao Aire Libre en A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
- 16 febreiro: Campionato Galicia Cros Escolar (Pereiro Aguiar, Ourense)
- 10 febreiro: 2º Control de Inverno – Trofeo Froiz da Sociedad Gimnástica de Pontevedra
- 9 febreiro: 4º Trofeo de Atletismo Mazí en Vilagarcía de Arousa
- 9 febreiro: Campionato Provincial Campo a Través Xogade en O Porriño (aprazado do 2/2)
- 3 febreiro: Carreira Solidaria “Vigo non é de plástico” en Vigo
- 3 febreiro: 84º Campionato de Galicia Absoluto de Campo a Través en As Pontes
- 27 xaneiro: Campionato de Galicia Sub18 e Sub16 de Campo a Través en A Rúa (Ourense)
- 26 xaneiro: Control de Marcas en Pista ao Aire Libre – A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
- 20 xaneiro: 34º Campionato de Galicia Absoluto – Sub23 en Pista Cuberta en Ourense
- 19 xaneiro: Torneio de Janeiro e Desporto Escolar en Viana do Castelo (Portugal)
- 13 xaneiro: XX Cros Escolar Val Miñor en Baiona (NOTA: aprazado do 16-dec)
- 13 xaneiro: Provas Extra en Braga
- 12 xaneiro: Control de Marcas en Pista Cuberta en Ourense
- 11-12 xaneiro: Campeonato Absoluto do Norte en Pista Cuberta en Braga
- 5 xaneiro: Torneo de Reis en Pontevedra
- 4 xaneiro: 3º Trofeo de Nadal de Atletismo en Pista Cuberta (Ourense)
Cea de Nadal 2018
Como ven sendo habitual nestas datas, a S.A. Val Miñor celebrará a tradicional Cea de Nadal o venres 21 de decembro de 2018, despóis do adestramento. Será no local da Asociación de Veciños de Camos (Vilar 19 – 36360 Nigrán). O prezo son 15€ por persoa. Teremos tamén o sorteo de agasallos con rifas a 1€.
O menú consistirá en: 1° tapas variadas e 2° churrasco mixto e criollos, acompañados de patacas fritidas e ensaladas, por último postres e café. As bebidas serán refrescos e viño da casa. Se alguén prefire hamburguesas á brasa en lugar de churrasco que o indique no momento de anotarse.
Pregamos que vos anotedes o antes posible, podedes enviar unha mensaxe a Adolfo (Presidente do Club). Grazas e animádevos a vir!
MOI IMPORTANTE: Indicar se alguén ten algunha alerxia alimentaria para telo en conta.
- Localización da AAVV Camos en google maps
- coordenadas (lat, lon): +42.1582, -8.7778
- Cómo chegar:
- desde Nigrán: pola estrada de Camos (Rúa dos Pazos), a 3km xirar á esquerda pola Rúa de San Roque (xunto ó Pazo da Touza), a 1,8km está a AAVV Camos.
- desde Gondomar: desde o Campo da Feira (institutos) seguir cara á autoestrada e continuar (3km) ata o cruce coa PO332 (en dirección Nigrán), seguir pola Rúa dos Pazos ata o Pazo da Touza (2km) e Rúa de San Roque igual que no caso anterior.
Farmacia Abizanda colabora co club
A Farmacia Abizanda de Gondomar ven de agasallar ó club con dous completos kits de produtos de primeiros auxilios, un para cada grupo de adestramento. Moitas grazas pola doazón!
Máis información:
- Enderezo: Av. Campo da Feira 8 -36380 Gondomar
- Horario: de 09:30 a 22:00h (todos os días)
- Teléfono: 986389042
- correo: info@farmaciaabizanda.com
- páxina web: www.farmaciaabizanda.com
- Localización (google maps)
42ª Carreira Pedestre Popular do San Martiño – Ourense 2018
O domingo 18 de novembro Ourense celebróu o San Martiño facendo deporte na 42ª Carreira Pedestre Popular, que xa está consolidada coma unha das probas máis importantes da nosa comunidade. Nesta ocasión xuntáronse máis de 8000 atletas entre categorías absoluta (10km), escolar (4,7km), cativos e inclusiva (1,4km). Nesta carreira participaron varios atletas do club, como Juan Antonio e Juan Manuel, Antón, Jesús Couto… parabéns para eles! Máis información e resultados: