

NIGRAN, 05 AGOSTO de 2012
REGULAMENTO DA CARREIRA
1º A Sociedad Atlética Val Miñor e mailo Concello de Nigrán, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Vigo),
organizan o día 05 de agosto do 2012 o II Nigrán Area de atletismo pola area, que dará comezo as 11:00h.
2º Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas, con excepción dos atletas estranxeiros federados no seu país, excepto
os portugueses que non foran internacionais co seu país nos derradeiros 5 anos.
O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, Delegación en Vigo.
3º Os circuítos discorrerán entre o Muelle de Panxón e Praia America, son circuitos llanos sobre a area mollada da praia, ca marea baixa.
4º A orde de saída será a seguinte:
CATEGORIA ANO DISTANCIA
11:00 Cadetes Femininos/Masculinos. 97/98 2.000 m
Infantís Femininos/Masculinos. 99/00 1.500 m
Alevíns Femininos/Masculinos. 01/02 1.000 m
Benxamíns Femininos/Masculinos 03/04 500 m
12:00 Carreira Absoluta 95/anteriores 6.000 m
Pre-benxamíns Femininos/Masculinos 05/06 300 m
Pitufos Femininos/Masculinos 07/08 100 m
ENTREGA DE PREMIOS
5º Na carreira absoluta haberá as seguintes categorías:
Xuvenís 95/96 Femininos/Masculinos. Veteráns A de 35 a 44 anos.
Júnior 93/94 Femininos/Masculinos Veteráns B de 45 a 54 anos.
Promesa/Sénior 92 ata Veteráns.Fem./Masc. Veteráns C de 55 anos en adiante.
6º INSCRICIONS.
Será obrigatorio: Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, dni ou pasaporte, sexo, nº de licenza federativa, teléfono de contacto e nome
do clube no caso de non ser independente.
O prazo remata o martes 31 de xullo ás 20 horas, a organización será rigorosa co período de peche das inscricións.
INSCRIPCIONS CARREIRA ABSOLUTA DE XUVENIS A VETERANS
Terán un custe de 5 € (dos que 2€ serán doados a Unicef).
Farase acedendo a páxina web da Federación Galega de Atletismo
http://www.fgatletismo.es/inscripcionesonde será obrigatorio facer o ingreso de 5€ con tarxeta na pasarela de pago da Federación Galega de Atletismo e cubrir os datos solicitados no formulario.
Tamén se poderá facer nos seguintes lugares, onde o pago será feito en efectivo:
· Athletics Deportes, Avd. de Balaídos nº41, en Vigo.
· Piscina Mancomunada do Val Miñor en A Ramallosa –Nigrán (Serviocio).
A carreira absoluta, está limitada a 700 participantes.
INSCRIPCIONS CARREIRAS MENORES DE PITUFOS A CADETES
Nas categorías menores a través do e-mail: savalminor@hotmail.com, ou na oficiña de turismo de Praia América.
As categorías menores NON levarán chip e doarán 2€ para Unicef no momento de retirar o dorsal.
7º Os dorsais e chip, serán entregados polo clube organizador o día anterior á proba no Pavillón de Deportes de Panxón en horario de 17:00 a
20:00 horas e o mesmo día da proba (ata 30 min. antes da celebración da carreira) debendo os atletas levar o dorsal visible e sen dobreces no
peito, e respectar a publicidade impresa se a houbese durante toda a proba. Ante calquer dúbida e imprescindible presentar o xustificante de
pago para retirar o dorsal.
8º Serán, motivos de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: Non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipulalo,
falsificar os datos persoais.
9º O peche do control na carreira absoluta, producirase o cabo de 50 minutos do comezo da proba.
10º Premios:
Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina coma masculina e medalla conmemorativa do 4º ao 10º nas categorías
de cadete a alevíns e a todos os benxamíns e pitufos ate fin de existencias.
Haberá recordo conmemorativo para os 700 primeiros inscritos da carreira absoluta
11º A organización poderá esixir a documentación de todos aqueles participantes que leven premio.
12º A organización declina toda responsabilidade respecto aos incidentes físicos ou psicolóxicos, inmediatos ou posteriores, que poidan
acontecer aos participantes desta carreira.
13º Haberá un servizo de ambulancia dispoñible durante o evento.
14º Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento.
15º As reclamacións deberán facerse verbalmente ao xuíz árbitro, non mais tarde de 30 minutos despois da comunicación oficial dos resultados.
Si son desestimadas por este poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 € ó xurado de apelación.
16º O non previsto neste regulamento resolverase dacordo co manual da IAAF. ou RFEA en vigor.
17º Os gastos de desprazamento dos participantes correrán ao seu cargo.
18º Todos os atletas están cubertos cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes durante a carreira.
19º Haberá servizo de duchas no Pavillón Municipal de Deportes de.Panxón
PATROCINAN
DELEGACIÓN FGA EN VIGO DIRECTOR TÉCNICO
ORGANIZACIÓN: SOCIEDAD ATLÉTICA VAL MIÑOR E CONCELLO DE NIGRAN–CONCELLARÍA DE DEPORTES
PATROCINIO: CONCELLO DE NIGRAN
COLABORADORES: COCA COLA, CORP. ALIMENT. PEÑASANTA S.A., FRUTAS VILAR, MASSINI, AGUASANA, DEPUTACIÓN DE
PONTEVEDRA, FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO, SECRETARIA XERAL PARA O DEPORTE, FEDERACION GALLEGA DE ATLETISMO, LA CAIXA,
SERVIOCIO, ATHLETICS DEPORTES.