Category: ‘Inicio’

32º Trofeo Reconquista Antonio Fernández en Vigo 2019

24 Marzo, 2019 Posted by javier

O domingo 31 de marzo celébrase en Vigo o Trofeo Reconquista de Atletismo en Pista, organizado pola Agrupación Viguesa de Atletismo. Máis información e resultados a continuación:

Resultados semana 23-24 marzo 2019

24 Marzo, 2019 Posted by javier

Este fin de semana houbo competición de pista en Braga e o Cros Párroco don Camilo en Vigo. Aí van os resultados:

4ª Carreira Nocturna de Nigrán H2K Praza 2019

24 Marzo, 2019 Posted by javier

O sábado 30 de marzo celébrase en Nigrán a Carreira Nocturna con saída e chegada no Campo das Redes (Gaifar, en Panxón). A partir das 19h (categorías menores) e 20h (carreiras maiores 5 e 10km). Máis información:

(máis…)

43º Cros Coutada Beade 2019

24 Marzo, 2019 Posted by javier

O vindeiro domingo 31 de marzo celébrase en Vigo o 43º Cros Coutada Beade. Nesta ocasión non coincide coa Vig-Bay polo que poderán participar os atletas que o desexen. De momento non hai máis información, cando estea dispoñible a poñeremos aquí. As inscricións fainas o club (avisar ata o 27 de marzo)

  • Páxina da competición
  • Regulamento
  • Resultados

Km Jovem Regional en Braga 2019

21 Marzo, 2019 Posted by javier

O sábado 23 de marzo celébrase no Estádio 1º de Maio de Braga o Km Jovem Regional organizado pola Associação de Atletismo de Braga. As probas darán comezo ás 15:30h (16:30h hora española). Máis información:

O Hotel Talaso Atlántico novo colaborador do club

21 Marzo, 2019 Posted by javier

O Hotel Talaso Atlántico ofrece ós socios do club prezos especiais nas súas actividades e tratamentos (ver anexo) presentando o carnet de socio. Máis información:

(máis…)

1ª Carreira Popular Concello de Gondomar 2019

17 Marzo, 2019 Posted by javier

O sábado 27 de abril a Sociedade Atlética Val Miñor coa colaboración e patrocinio do Concello de Gondomar organiza a 1ª Edición da Carreira Popular Concello de Gondomar. As probas comezarán ás 18:30h. Haberá competicións para todas as categorías, desde pitufos ata seniors. Non é necesario estar federados para inscribirse. O período de inscrición remata o 23 de abril ás 20h. A carreira absoluta ten un custo de 5 euros, nas restantes a inscrición é de balde. Os dorsais e chips entregaránse o día anterior á proba na  praza do Concello en horario de 18:00 a 21:00 h., e o mesmo día da proba, ata 30 minutos antes da celebración de cada carreira.
PREMIOS: Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina como masculina e medallas conmemorativas na categoría de pitufos. Haberá agasallos conmemorativos nas categorías prebenxamíns ata absoluta. Os trofeos non serán acumulativos.

 

(máis…)

20ª Medio&Maratón Vig-Bay 2019

17 Marzo, 2019 Posted by javier

Este ano o Vig-Bay será máis A TODA COSTA que nunca, xa que celebra o 20º aniversario do Medio Maratón máis famoso (e fermoso) de Galicia. Para esta ocasión propoñen un novo reto, nada menos que un Maratón completo!. Como polo momento non é posible aumentar a distancia entre Vigo e Baiona (con permiso da mecánica cuántica) a solución adoptada para manter a saída e chegada nos mesmos puntos foi duplicar tramos do recorrido. Esperemos que resulte ben e que haxa moitas máis edicións con Maratón.

Máis información e inscricións:

13ª Carreira 10Km O Porriño 2019

12 Marzo, 2019 Posted by javier

O Club Atletismo Porriño e o Concello de O Porriño organizan o domingo 17 de marzo a partir das 10h a 13ª edición da Carreira 10 Km. Haberá diferentes categorías e distancias, desde 100 a 2000m para os menores ata 5 e 10km para os maiores. A inscrición remata o 12 de marzo e deberá facerse a través da páxina ChampionChipNorte. Máis información:

(máis…)

30º Cros Párroco Don Camilo 2019

9 Marzo, 2019 Posted by javier

O domingo 24 de marzo celébrase en Vigo a 30ª edición do Cros Párroco Don Camilo organizado pola ANPA do CEIP Párroco Don Camilo de Comesaña (Vigo). Para categorías desde 4 a 14 anos (tamén hai competición de pais e nais). Máis información e resultados: