Category: ‘Directiva’

Descontos para socios do club

11 Decembro, 2017 Posted by javier

A directiva quere informar a todolos socios que acadamos un acordo coa Clínica Guillén Gómez de Baiona (Julián Valverde 66 – Sabarís, tel: 986354352) pola que se ofrecen descontos nos seguintes tratamentos:

  • CONSULTA PODOLÓXICA: 20% DESCONTO
  • PRANTILLAS TERMOCONFORMADADAS A MEDIDA E DEMÁIS TRATAMENTOS PODOLÓXICOS: 20% DESCONTO
  • CONSULTA FISIOTERAPIA: SE APLICARÁ UN 20%

IMPORTANTE: Para poder beneficiarse deste desconto hai que presentar o DNI e o Carnet de Socio do Club

Convocatoria Asamblea 2017

27 Setembro, 2017 Posted by javier

O Presidente da Sociedade Atlética Val Miñor, D. José Ángel Gónzalez Rocha, en virtude das atribucións que lle confiren os Estatutos da mencionada Entidade Deportiva, convoca a tódolos socios de número da Sociedade Atlética Val Miñor, a Asamblea Xeral Ordinaria que se celebrará o vindeiro venres día 20 de Outubro de 2017, ás 20.00 h. en primeira convocatoria e ás 20.30h. en segunda e última convocatoria, no Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar para tratar a seguinte orde do día:

1. Saúdo do Presidente.

2. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

3. Presentacion do presuposto tempada 2017/2018.

4. Presentación da memoria económica 2016/2017.

5. Aprobación, se procede, da memoria económica 2016/2017.

6. Captación novos socios.

7. Planificación viaxe a Atapuerca

8. Rogos e preguntas.

Dada a importancia dos puntos a tratar, esperamos contar coa presencia de todos vós.

Moitas grazas e un saúdo

A Xunta Directiva da Sociedade Atlética Val Miñor.

CONVOCATORIA ASAMBLEA 20_10_2017

 

Elecciones a Junta Directiva de la Sociedad Atlética Val Miñor

7 Outubro, 2014 Posted by admin

Estimados socios:

Finalizado el plazo de presentación de candidaturas para la elección de Presidente de la Sociedad Atlética Val Miñor, sólamente se ha presentado la de D. José Ángel González Rocha quien, dado que no hay más candidaturas presentadas, será elegido por aclamación Presidente de la entidad y encargado de formar nueva Junta Directiva en la Asamblea que se celebrará el próximo viernes día 10 de octubre a las 20.00 h.

Nuestra más cordial felicitación para el candidato.

Un saludo.

Asemblea de Socios e elección da nova Xunta Directiva

23 Outubro, 2012 Posted by admin

Por orde do Presidente convócase os socios da Sociedad Atlética Val Miñor á Asemblea Ordinaria, que se celebrará o día 26/10/12, as 20:00 horas en primeira convocatoria e as 20:30 horas en segunda convocatoria, no lugar de reunións do Centro Neural en Gondomar.

 ORDE DO DÍA

1º Saúdo do Presidente.

2º Aprobación das actas das asembleas anteriores, se procede.

3º Informe do Presidente.

4º Aprobación do exercicio económico 2011/12, se procede.

5º Presuposto para o seguinte exercicio 2012/13.

6º Proxecto e propostas para a tempada 2012/13.

7º Convocatoria de renovación da xunta directiva, e presentación de candidaturas.

8º Rogos e preguntas.

Por orde do Presidente convócase os socios da Sociedad Atlética Val Miñor á Asemblea Extraordinaria a, que se celebrará o día 26/10/12, as 21:00 horas en primeira convocatoria e as 21:30 horas en segunda convocatoria, no lugar de reunións do Centro Neural en Gondomar.

ORDE DO DÍA

· ELECCIÒN DA XUNTA DIRECTIVA SEGÚN ESTATUTOS, DE ENTRE AS CANDIDATURAS PRESENTADAS.