Category: ‘Directiva’

Nueva equipación 2020

13 Agosto, 2020 Posted by savalminor

Informamos a todos que ya hemos recibido la nueva equipación de nuestro proveedor Deportes González. Para su recogida, hemos decidido asignar un día por semana. Así los que una semana no puedan, por vacaciones o trabajo la pueden recoger en otra fecha. Esta semana el día y la hora asignada es: jueves 13 de agosto, en horario de 19:30 a 20:30, en la oficina del club. Si a algún padre o atleta no le es posible pasar a recogerlo en ese horario y tiene alguna competición a la vista que se ponga en contacto con la directiva (presidente o vicepresidente) para hacérsela llegar. Un cordial saludo a todos.

La directiva de la S.A. Val Miñor

Suspensión adestramentos – marzo 2020

12 Marzo, 2020 Posted by savalminor

O aumento de casos de Covid-19 nos últimos días fixo que se suspenderan moitas actividades que supoñan concentración de persoas nun mesmo lugar: campionatos deportivos, espectáculos públicos e actividades lectivas en colexios, institutos e universidades. Por este motivo os adestramentos do club quedan cancelados ata que melloren as circunstancias. Os adestradores estarán en contacto cos distintos grupos e darán instrucións para manter a actividade de forma individual. Recordade os consellos de prevención e poñédeos en práctica para que toda esta situación se normalice o antes posible. Saúde!

2ª Carreira Popular Concello de Gondomar 2020

1 Marzo, 2020 Posted by savalminor

(14-marzo) Carreira APRAZADA sen nova data

O sábado 25 de abril a Sociedade Atlética Val Miñor coa colaboración e patrocinio do Concello de Gondomar organiza a 2ª Edición da Carreira Popular Concello de Gondomar. Máis información:

25ª Festa da Arribada – Baiona 2020

19 Febreiro, 2020 Posted by savalminor

Este ano a FESTA da ARRIBADA de BAIONA celébrase os días 28 e 29 de febreiro e 1 de marzo (sí, este ano é bisiesto!).

Como todos os anos A Sociedade Atlética Val Miñor vai poñer un posto de comida na Festa da Arribada de Baiona. Como sabedes este evento é fundamental para poder facerlle fronte aos gastos do Club. Pra informar dos detalles convócase unha REUNIÓN INFORMATIVA o martes 18 de febreiro ás 1830h no Ximnasio do Club. Pregamos asistencia, especialmente os novos socios.

Grazas a todos pola vosa colaboración,

S. A. VALMIÑOR

 

RESUMO DA REUNIÓN INFORMATIVA (18 FEB): (máis…)

Nova equipación oficial do club 2020

10 Febreiro, 2020 Posted by savalminor

Esta tempada 2020 o club estrea nova equipación, que se pode solicitar en dúas modalidades: Propiedade e Banco de Roupa. A continuación tedes a explicación completa, coa ficha de solicitude, prezos e descrición detallada:

(máis…)

Presentación da nova equipación do club para a tempada 2020

4 Febreiro, 2020 Posted by savalminor

O vindeiro sábado 8 de febreiro ás 12h haberá unha reunión extraordinaria na sala de usos múltiples do Centro Neural de Gondomar (Policía Local) para presentar a nova equipación do club e explicar as novas condicións de uso. É importante a asistencia do maior número de socios posible. Pregamos puntualidade para poder tratar todos os temas e aclarar as dúbidas que xurdan. Grazas a todos,

A Directiva da S. A. Val Miñor

 

Subvención do Concello de Baiona tempada 2018-19

14 Decembro, 2019 Posted by savalminor

Por acordo da Xunta de Goberno Local do 4 de decembro de 2019, o Concello de Baiona concedéu á S. A. Val Miñor unha subvención de 700€ para actividades deportivas desenvoltas na actual tempada 2018-19. Nesta convocatoria tamén resultaron beneficiarias entidades como o Club Atletismo Baiona, o Baíña Fútbol Sala, o Club Baloncesto Baiona e outras. A Directiva e socios do club queremos agradecer esta axuda ó Concello de Baiona e desexamos que siga apoiando ó deporte local en vindeiras convocatorias. Grazas!

S. A. Val Miñor

Cea de Nadal 2019

11 Decembro, 2019 Posted by savalminor

Como sempre por estas datas o club celebra unha cea de despedida de ano para todos os soci@s e atletas que desexen asistir. Será no Restaurante “La Cuesta de Claudia” (Estrada pola vía nº 142, Nigrán) o sábado 21 ás 21:30h. O prezo queda en 16€ os adultos e 10€ os menores de 12 anos. A data límite para confirmar asistencia é o vindeiro martes 17 ata as 20:00h. Para confirmar indicade o número de persoas que asistan por familia.
Animádevos a vir!

MOI IMPORTANTE: Indicar se alguén ten algunha alerxia alimentaria para telo en conta.

(máis…)

Información sobre os seguros deportivos 2019

6 Outubro, 2019 Posted by savalminor

Achegamos información sobre os seguros deportivos ós que poden ter dereito os atletas federados ou incluídos no programa Xogade (para rapac@s de 6 ata 16 anos). Tede en conta que a información máis actualizada estará sempre nas páxinas que indicamos a continuación, xa que as pólizas e compañías poden variar cada tempada.

En caso de accidente é mellor dirixirse á directiva do club para coñecer os pasos a seguir, no caso da FGA o club dispón de partes de accidentes que hai que entregar nun prazo de 7 días para ter dereito á cobertura.

Outras probas (especialmente as carreiras populares) teñen os seus propios procedementos de seguro polo que hai que consultar coa organización en cada caso. (máis…)

Inscrición Socios 2019

6 Outubro, 2019 Posted by savalminor

Axuntamos a continuación a ficha de datos de socios para a tempada actual 2019-20. Pregamos cubrir correctamente todos os datos e indicar os atletas que estarán federados. Grazas a todos!

  • Este ano pedimos que entreguen a ficha todos os socios, tanto os que seguen como os novos, para ter un censo de datos actualizado.
  • Pregamos que na ficha poñades só os datos dos atletas que vaian adestrar e/ou competir co club, non todos os membros da familia. Se o atleta non vai competir (só adestrar) non hai que marcar a casiña de licencia (ten un custo que vai aparte da cota familiar). 
  • No caso de menores de idade deberá figurar un representante como socio principal (pai/nai/titores).
  • A cota de socio este ano é de 100 euros por unidade familiar, pero non houbo suba de cota xa que este ano non se farán rifas (que tiñan un custo de 25 euros).
  • A tempada federativa coicide co ano natural 2020 e comeza o 1 de xaneiro, polo que os cambios de licencia non se fan efectivos ata esa data.  A categoría de cada atleta está referida ó ano 2020, por exemplo @s nacid@s no ano 2005 son Sub16 porque cumplen 15 anos en 2020 (<16 anos).
  • O ano pasado a RFEA pedíu a cada atleta un consentimento legal de tratamento de datos persoais, de momento non sabemos se hai que facelo de novo cada tempada ou só para os novos federados. Se tedes que facer algún tramite avisaremos oportunamente. (Actualizado 13-nov) Os atletas que asinaron o consentimento a tempada anterior non teñen que facelo de novo (enlace á normativa).

Ficha de socios tempada 2019-20

(máis…)