Category: ‘Competicións’

Tetratlo Distrital Viana 2018

11 Xuño, 2018 Posted by javier

O vindeiro 13 de xuño celébrase en Viana do Castelo (Portugal) o Tetratlo Distrital para categorías xuvenil e superiores. Será no Estádio de Atletismo Manuela Machado, a partir das 18:00 (hora portuguesa).

(13 xuño) Bo papel dos atletas participantes, Gabriel Canedo e Abel Domínguez. Gabriel foi 1º en 3 probas!! Parabéns para eles polo esforzo realizado!

Máis información:

(máis…)

Resultados competicións 6-10 xuño 2018

8 Xuño, 2018 Posted by javier

Esta semana as competicións comezaron o mércores 6 co Trofeo Sociedad Gimnástica de Pontevedra. O fin de semana hai citas de novo en Pontevedra (esta vez o Campionato de Galicia Sub10-12-14), Ferrol (Sub20-23) e o domingo en Vigo coa 5ª Xornada das Series Municipais.

A continuación vai o resumo de resultados. Estes días deixáronnos un recendo a triunfo, non só polos podios de Jacobo, Gabriel, Manuela, José, Lois e Elena senón polo esforzo e bós resultados de todos desde alevíns a maiores, con numerosas marcas persoais. E non sería porque o tempo acompañe!

FOTOS

(de momento hai poucas, se tedes máis podedes mandalas que a ocasión o merece)

  • 9 xuño: Manuela González campiona galega de altura

(máis…)

Campionato de Galicia Sub20-Sub23 2018 – Ferrol

8 Xuño, 2018 Posted by javier

O 10 de xuño terá lugar en Ferrol o Campionato de Galicia Sub20-Sub23.

Resultados: José Villar campíón galego junior en 3000m obstáculos, Elena Costas campiona galega junior en 1500m e Lois Mariño subcampión galego promesas en 800m. Parabéns para eles e tamén para Denis que quedóu 7º en 400m!

(máis…)

XLIII Trofeo Sociedad Gimnástica de Pontevedra – XXXI Trofeo Froiz 3ª Xornada 2018

7 Xuño, 2018 Posted by javier

Este mércores 6 de xuño celebróuse en Pontevedra o 43º Trofeo da Sociedad Gimnástica. Magnífico resultado de Gabriel (1º en 600m). Parabéns para él e os seus compañeiros!

(máis…)

Campionato de Galicia Sub10-12-14 2018

7 Xuño, 2018 Posted by javier

O vindeiro 9 de xuño celébrase no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra o Campionato de Galicia 2018 para categorías Sub10 (Benxamín), Sub12 (Alevín) e Sub14 (Infantil).

(9 xuño) Jacobo doble campión de Galicia en 80m valados e pértega e Manuela en salto de altura. Parabéns para eles e todos os demáis competidores!

Máis información e resultados:

 

(máis…)

Resultados competicións 1-3 xuño 2018

2 Xuño, 2018 Posted by javier

O primeiro fin de semana de xuño as competicións comezan xa o venres co Trofeo Alfonso Posada en Vigo. O sábado e domingo hai citas en Lousada (Portugal) e o Campeonato de España Sub14 Individual en San Fernando (Cádiz).

LISTA DE RESULTADOS

XII Trofeo Alfonso Posada – Vigo 2018

28 Maio, 2018 Posted by javier

O venres 1 de xuño de 2018 celébrase en Vigo o 12º Trofeo Alfonso Posada de atletismo en pista. Organizado por Celta Atletismo. Será nas pistas de Balaídos a partir das 19:30h.

(2 xuño) Boa actuación dos representantes seleccionados do club (Noa, Denis, Antía, Marina, Lois). Parabéns para eles!

Máis información e resultados:

(máis…)

Campeonato de Juniores do Norte – Braga 2018

28 Maio, 2018 Posted by javier

O 2 e 3 de xuño celébrase en Braga (Portugal) o Campeonato de Juniores do Norte para categorías Xuvenil e Junior. Será no Estádio Primeiro de Maio de Braga. O club ten previsto acudir ás probas do sábado 2.

(30 maio) Esta competición cambia de lugar, pasando a realizarse no Complexo Desportivo de Lousada.

Máis información:

(máis…)

Resultados competicións 26-27 maio 2018

26 Maio, 2018 Posted by javier

Fin de semana intenso, con tres competicións o sábado (Provincial de Xogade en Vigo, Campionato Galego Sub18 en Ferrol e Campeonato Regional de Infantis e Juvenis en Viana do Castelo). O domingo cita en O Barco para o Campionato Galego Sub16.

(26 maio) Bos resultados dos benxamíns en Vigo (Sergio 2º, Bisrat 4º e Alexandra 5ª). Parabéns para eles!

(26 maio) Engadidos os resultados de Ferrol, parabéns para todos e especialmente Marina (4º e 5º postos en 400m e 200m)!

(27 maio) Moi ben os cadetes no campionato de O Barco, Gabriel e Sergio prata e bronce en 1000m!

LISTA DE RESULTADOS

FOTOS

Campionato Sub16 en O Barco (grazas por enviala):

Campeonato Regional de Infantis e Juvenis Viana 2018

26 Maio, 2018 Posted by javier

O 26 e 27 de maio celébrase en Viana do Castelo (Portugal) o Campeonato Regional de Infantis e Juvenis. Máis información:

(máis…)