Category: ‘C_Populares’

Festa do Deporte en Vincios 2019

24 Abril, 2019 Posted by savalminor

O vindeiro 4 de maio será a Festa do Deporte de Vincios, con actividades para tódalas idades, desde un Duathlon ata exhibicións de tiro con arco (a cargo do Club Serra de Gondomar) e canicross (Club Kennel Den). Para os máis pequenos haberá o Cros Escolar, que comenza ás 16:30h.Os maiores teñen unha Carreira Popular de 3 ou 6km ás 17:30h, e para os máis lanzados hai un MiniTrail de 15km que comeza as 16:30h. Inscricións a través do club ata o 30 de abril (avisade á directiva) e ata o 1 de maio directamente no Centro Cultural de Vincios ou no teléfono 699670085.

(máis…)

O Vig-Bay sabe a mar (resumo 2019)

8 Abril, 2019 Posted by savalminor

Este ano o Vig-Bay ten o sabor do mar que acompaña ós corredores sempre ó seu carón e semella querer prestarlles algo da súa forza para chegar á meta. Sobre todo ós que se atreveron a enfrontar os corenta e dous quilómetros desta primeira maratón, corenta e dous quilómetros que se din rápido pero se fan lentos, desde as dúas horas e media do gañador ás cinco e media do último crono. Un reto que superaron máis de mil participantes (3500 no medio maratón) ós que o noso club acompañóu como tantas veces, nesta ocasión colaborando coa AVA, Celta e Atletismo Baiona, porque o reto de organización e loxística tamén se multiplica coma a distancia.

O tempo non axudóu a celebrar como se debía o vixésimo aniversario dun evento que xa forma parte da vida dos 58000 atletas que tomaron a saída nalgunha das súas edicións. Agardamos que cheguen outras vinte e moitas máis e por suposto, seguir colaborando e participando nelas.

Parabéns para todos polo magnífico labor realizado e para os atletas que participaron na competición!

(máis…)

Resultados fin de semana 6-7 abril 2019

7 Abril, 2019 Posted by savalminor

O sábado 6 de abril hai doble cita en pista, pola mañá Xogade en Vigo (para Sub14) e pola tarde en Pontevedra. O domingo o club colaborará no avituallamento da Vig-Bay que nesta ocasión será máis complexo por coincidir o Medio Maratón e a primeira edición do Maratón completo. Aí van os resultados:

Resultados semana 30-31 marzo 2019

31 Marzo, 2019 Posted by savalminor

O último fin de semana de marzo estivo cheo de eventos, o sábado cita triple (Xogade en Vigo pola mañá, probas en Viana pola tarde e nocturna de Nigrán pola noite). O domingo Trofeo Reconquista en Vigo e Cros de Beade, inda que a este último finalmente o club decidíu non asistir para dar descanso ós atletas. Resumo de resultados:

(máis…)

Resultados semana 23-24 marzo 2019

24 Marzo, 2019 Posted by savalminor

Este fin de semana houbo competición de pista en Braga e o Cros Párroco don Camilo en Vigo. Aí van os resultados:

1ª Carreira Popular Concello de Gondomar 2019

17 Marzo, 2019 Posted by savalminor

O sábado 27 de abril a Sociedade Atlética Val Miñor coa colaboración e patrocinio do Concello de Gondomar organiza a 1ª Edición da Carreira Popular Concello de Gondomar. As probas comezarán ás 18:30h. Haberá competicións para todas as categorías, desde pitufos ata seniors. Non é necesario estar federados para inscribirse. O período de inscrición remata o 23 de abril ás 20h. A carreira absoluta ten un custo de 5 euros, nas restantes a inscrición é de balde. Os dorsais e chips entregaránse o día anterior á proba na  praza do Concello en horario de 18:00 a 21:00 h., e o mesmo día da proba, ata 30 minutos antes da celebración de cada carreira.
PREMIOS: Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina como masculina e medallas conmemorativas na categoría de pitufos. Haberá agasallos conmemorativos nas categorías prebenxamíns ata absoluta. Os trofeos non serán acumulativos.

(máis…)

20ª Medio&Maratón Vig-Bay 2019

17 Marzo, 2019 Posted by savalminor

Este ano o Vig-Bay será máis A TODA COSTA que nunca, xa que celebra o 20º aniversario do Medio Maratón máis famoso (e fermoso) de Galicia. Para esta ocasión propoñen un novo reto, nada menos que un Maratón completo!. Como polo momento non é posible aumentar a distancia entre Vigo e Baiona (con permiso da mecánica cuántica) a solución adoptada para manter a saída e chegada nos mesmos puntos foi duplicar tramos do recorrido. Esperemos que resulte ben e que haxa moitas máis edicións con Maratón.

Máis información e inscricións:

13ª Carreira 10Km O Porriño 2019

12 Marzo, 2019 Posted by savalminor

O Club Atletismo Porriño e o Concello de O Porriño organizan o domingo 17 de marzo a partir das 10h a 13ª edición da Carreira 10 Km. Haberá diferentes categorías e distancias, desde 100 a 2000m para os menores ata 5 e 10km para os maiores. A inscrición remata o 12 de marzo e deberá facerse a través da páxina ChampionChipNorte. Máis información:

(máis…)

Resultados fin de semana 2-3 marzo 2019

3 Marzo, 2019 Posted by savalminor

Este fin de semana houbo Campionato de Galicia Sub16 en Ourense e a Carreira do Entroido en Vigo. Na primeira os atletas do club tiveron unha boa actuación (con dúas medallas de prata) e na segunda destacar os resultados na carreira de 5km, con 5 atletas do club entre os 11 primeiros (ouro incluído). Parabéns para todos!

(máis…)

5ª Carreira do Entroido Concello de Vigo 2019

25 Febreiro, 2019 Posted by savalminor

O sábado 2 de marzo o Concello de Vigo organiza a 5ª Carreira do Entroido a partir das 10h. Poderán acudir as categorías desde pequerrechos (2015) ata cadetes (2004). Para os maiores (<2004) haberá dúas opcións de 5 e 10km, con saída ás 11h. A inscrición é gratuita e pode facerse na páxina de Sportmaniacs. Anímase a todos os participantes a ir disfrazados! Máis información:

(3-mar) Na carreira de 5km houbo 5 atletas do club entre os 11 primeiros clasificados (incluído o ouro). Parabéns para eles!

(máis…)