Category: ‘C_Populares’

Competicións fin de tempada 2021

17 Setembro, 2021 Posted by savalminor

Achégase o outono e as actividades recuperan o horario habitual, tamén os adestramentos que volven ser pola tarde. Este ano seguimos con máscaras e medidas de protección, non hai que baixar a garda que o virus segue por aí inda que haxa moitas persoas que xa están vacinadas. De momento o calendario de competicións segue bastante baleiro pero agardamos que vaia collendo ritmo pouco a pouco. Este é o resumo:

Resultados Nigrán Area 2021

7 Agosto, 2021 Posted by savalminor

Este ano a Nigrán Area brilla como nunca nun calendario deserto de competicións. A carreira cumple por fin o seu décimo aniversario con retraso pola cancelación do ano pasado. O reto que supuña esta edición obligaba a un esforzo extraordinario pero organización e voluntari@s foron quen de superalo. Saídas escalonadas, agrupamentos, máscaras, valados e protocolos para que todo fora ben e con seguridade. O tempo fixo a súa parte con temperaturas suaves e ceo anubado cunhas pingas para refrescar o ambiente.

Nesta ocasión fíxose primeiro a carreira absoluta para aproveitar as horas de menor ocupación da praia. Foron vencedores Carlos Enrique Gutiérrez (Rungalicia-Intersport) e Ana Marinho (Atletismo Braga). Os primeiros clasificados do club foron Íñigo Millán e Martín Valverde, sen esquecer a Antón García, o atleta máis veterano da competición.

Nas categorías de menores en Sub16 foron vencedores Lucas García e Carmen Carrera, en Sub14 Elías Paradelo e Marta Pereira-Borrajo, en Sub12 Xoel Franco e Lucía Ageitos, en Sub10 Fabián López e Lena Currás e en Sub8 Carla Docampo (S. A. Val Miñor) e Lucas Ageitos. 

Parabéns para atletas, voluntari@s e tamén ós patrocinadores que fixeron posible este evento (Concello de Nigrán, Deputación de Pontevedra, Gadis e Froiz co avituallamento, Farmacia Abizanda co material sanitario) e agardamos vernos o ano que ven. Aí vai a información, resultados e iremos engadindo noticias e fotos:

(máis…)

Información Participantes na 10ª Nigrán Area 2021

6 Agosto, 2021 Posted by savalminor

Xa podedes consultar o número de dorsal e a hora de saída na páxina de Carreiras Galegas ou nas ligazóns que figuran a continuación. Tamén se pode ver o plano de circulación e ordenación de espazos da carreira. A recollida de dorsais debe preferiblemente o venres 6 de agosto pola tarde de 5 a 8 no Pavillón de Deportes Xurxo Otero de Panxón, inda que os participantes que veñen de lonxe poderán recollelo o mesmo dia 30 minutos antes da carreira.

IMPORTANTE: Lembrade que para recoller o dorsal hai que levar cuberta e asinada a Declaración Responsable e ler coidadosamente toda a información. Nas listaxes de inscricións tamén aparece o horario de saída para cada persoa partipante, que deberá presentarse obligatoriamente con máscara.

RECOLLIDA DORSAIS

INFORMACIÓN PARA A CARREIRA

(máis…)

10ª Nigrán Area 2021

1 Agosto, 2021 Posted by savalminor

A Sociedade Atlética Val Miñor e a Concellería de Deportes do Concello de Nigrán organizan o sábado 7 de agosto de 2021 a 10ª Edición da Carreira Nigrán Area que dará comezo as 10:00h. Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas.
O control da carreira estará a cargo dos Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Competicións segundo semestre 2021

4 Xullo, 2021 Posted by savalminor

Nesta lista aparecen en orde descendente as competicións do segundo semestre de 2021:

Competicións verán 2021

28 Xuño, 2021 Posted by savalminor

Este verán de 2021 segue marcado polas medidas de contención da covid-19 polo que quedaremos de novo sen moitas das tradicionais carreiras populares. Será para outro ano. De momento todavía segue a tempada de pista con algunhas competicións que iremos engadindo. Por outra banda, os adestramentos cambian de horario e trasládanse á praia cando sexa posible (os adestradores irán informando dos lugares e horas). Coma sempre, teredes información puntual no facebook do club. Bo verán para tod@s!

 

 

 

 

 

Competicións primeiro semestre 2021

20 Decembro, 2020 Posted by savalminor

Nesta lista irán aparecendo en orde descendente as competicións previstas para o primeiro semestre de 2021:

La Carrera que nunca para: 1ª Carrera Online Solidaria 2020

10 Setembro, 2020 Posted by savalminor

O circuito de carreiras populares tamén vai retomando actividade pouco a pouco. Este mes de setembro a asociación Asotrame de transplantes medulares de Galicia organiza unha novedosa modalidade de competición que terá lugar en 8 concellos. Nela cada participante decide cando fai o percorrido escollido, que pode ser un ou varios dos propostos. A inscrición ten un custo de 3 euros que se destinan a proxectos solidarios. Colaboran diferentes entidades e os concellos de Nigrán, Baiona, Noia, Lugo, Culleredo, Sigüeiro, Moraña e Narón. Máis información:

Cancelación Vig-Bay 2020

13 Agosto, 2020 Posted by savalminor

Despóis de 20 edicións ininterrumpidas este ano finalmente non haberá Vig-Bay. Axuntamos o comunicado oficial da organización:

Competicións segundo semestre 2020

20 Xullo, 2020 Posted by savalminor

Nesta lista irán aparecendo en orden descendente as competicións previstas para este segundo semestre de 2020: