Category: ‘C_Cros’

16º Cross Internacional de Atapuerca 2019

24 Setembro, 2019 Posted by savalminor

Por fin sabemos a data do 16º Cross Internacional de Atapuerca, para evitar a coincidencia coas eleccións xerais este ano será o sábado 9 de novembro. Celébrase coma sempre no circuíto do Centro de Arqueoloxía Experimental (CAREX). Próximamente engadiremos máis información.

Competicións segundo semestre 2019

1 Xullo, 2019 Posted by savalminor

Estas son as competicións previstas para o segundo semestre de 2019:

Resultados 11-12 maio 2019

11 Maio, 2019 Posted by savalminor

Este fin de semana hai competicións o sábado en Pontevedra (Liga de Clubes de 1ª División, na que o club vai como filial do Celta) e o domingo Provas de Preparaçao en Braga,  o Cros Escolar Mosteiro-Bembrive en Vigo e Xornadas Xogade en Pontevedra para Infantís. Outro grupo de atletas, neste caso maiores, foi a Ponteareas á 5ª Carreira Atmósfera Sport. Parabéns para todos eles!. Este é o resumo de competicións e resultados: 

(máis…)

Resultados semana 1-5 maio 2019

6 Maio, 2019 Posted by savalminor

Esta semana as competicións comezan o mércores coa festa do 1º de maio, en Vigo celébrase o Memorial Eugenio Torres nas pistas de Balaídos. O sábado 4 hai Xogade para Sub10-12 en Vigo pola mañá e a Festa do Deporte de Vincios pola tarde. O domingo nova Xornada de Xogade, nesta ocasión para os Sub14 en Vilagarcía. E outro grupo irá á 16ª Carreira Pedestre Concello de Moaña.

(5-maio) Parabéns para todos os que competiron esta semana, especialmente @s infantís en Vilagarcía. Mirade os resultados, non precisan máis explicacións…

(máis…)

40º Cros Escolar Mosteiro Bembrive 2019

4 Maio, 2019 Posted by savalminor

O domingo 12 de maio celébrase a 40ª edición do Cros Escolar Mosteiro-Bembrive organizado pola ANPA “Bene Vivere”. Máis información:

 

Resultados semana 27-28 de abril 2019

28 Abril, 2019 Posted by savalminor

O sábado 27 de abril temos o día completo, pola mañá Xornadas de Xogade Sub14 en Cangas, pola tarde a 1ª Carreira Popular Concello de Gondomar e tamén probas en Viana e Ferrol, e para rematar a festa dos 25 anos do club. Resumo de eventos:

 

Festa do Deporte en Vincios 2019

24 Abril, 2019 Posted by savalminor

O vindeiro 4 de maio será a Festa do Deporte de Vincios, con actividades para tódalas idades, desde un Duathlon ata exhibicións de tiro con arco (a cargo do Club Serra de Gondomar) e canicross (Club Kennel Den). Para os máis pequenos haberá o Cros Escolar, que comenza ás 16:30h.Os maiores teñen unha Carreira Popular de 3 ou 6km ás 17:30h, e para os máis lanzados hai un MiniTrail de 15km que comeza as 16:30h. Inscricións a través do club ata o 30 de abril (avisade á directiva) e ata o 1 de maio directamente no Centro Cultural de Vincios ou no teléfono 699670085.

(máis…)

Resultados semana 30-31 marzo 2019

31 Marzo, 2019 Posted by savalminor

O último fin de semana de marzo estivo cheo de eventos, o sábado cita triple (Xogade en Vigo pola mañá, probas en Viana pola tarde e nocturna de Nigrán pola noite). O domingo Trofeo Reconquista en Vigo e Cros de Beade, inda que a este último finalmente o club decidíu non asistir para dar descanso ós atletas. Resumo de resultados:

(máis…)

43º Cros Coutada Beade 2019

24 Marzo, 2019 Posted by savalminor

O vindeiro domingo 31 de marzo celébrase en Vigo o 43º Cros Coutada Beade. Nesta ocasión non coincide coa Vig-Bay polo que poderán participar os atletas que o desexen. De momento non hai máis información, cando estea dispoñible a poñeremos aquí. As inscricións fainas o club (avisar ata o 27 de marzo)

  • Páxina da competición
  • Regulamento
  • Resultados

30º Cros Párroco Don Camilo 2019

9 Marzo, 2019 Posted by savalminor

O domingo 24 de marzo celébrase en Vigo a 30ª edición do Cros Párroco Don Camilo organizado pola ANPA do CEIP Párroco Don Camilo de Comesaña (Vigo). Para categorías desde 4 a 14 anos (tamén hai competición de pais e nais). Máis información e resultados: