Category: ‘C_Cros’

Festa do Deporte en Vincios 2019

24 Abril, 2019 Posted by javier

O vindeiro 4 de maio será a Festa do Deporte de Vincios, con actividades para tódalas idades, desde un Duathlon ata exhibicións de tiro con arco (a cargo do Club Serra de Gondomar) e canicross (Club Kennel Den). Para os máis pequenos haberá o Cros Escolar, que comenza ás 16:30h.Os maiores teñen unha Carreira Popular de 3 ou 6km ás 17:30h, e para os máis lanzados hai un MiniTrail de 15km que comeza as 16:30h. Inscricións a través do club ata o 30 de abril (avisade á directiva) e ata o 1 de maio directamente no Centro Cultural de Vincios ou no teléfono 699670085.

(máis…)

Resultados semana 30-31 marzo 2019

31 Marzo, 2019 Posted by javier

O último fin de semana de marzo estivo cheo de eventos, o sábado cita triple (Xogade en Vigo pola mañá, probas en Viana pola tarde e nocturna de Nigrán pola noite). O domingo Trofeo Reconquista en Vigo e Cros de Beade, inda que a este último finalmente o club decidíu non asistir para dar descanso ós atletas. Resumo de resultados:

(máis…)

43º Cros Coutada Beade 2019

24 Marzo, 2019 Posted by javier

O vindeiro domingo 31 de marzo celébrase en Vigo o 43º Cros Coutada Beade. Nesta ocasión non coincide coa Vig-Bay polo que poderán participar os atletas que o desexen. De momento non hai máis información, cando estea dispoñible a poñeremos aquí. As inscricións fainas o club (avisar ata o 27 de marzo)

  • Páxina da competición
  • Regulamento
  • Resultados

30º Cros Párroco Don Camilo 2019

9 Marzo, 2019 Posted by javier

O domingo 24 de marzo celébrase en Vigo a 30ª edición do Cros Párroco Don Camilo organizado pola ANPA do CEIP Párroco Don Camilo de Comesaña (Vigo). Para categorías desde 4 a 14 anos (tamén hai competición de pais e nais). Máis información e resultados:

 

Resultados fin de semana do 16-17 febreiro 2019

18 Febreiro, 2019 Posted by javier

Este fin de semana tamén houbo moita actividade deportiva, catro competicións entre sábado e domingo. Os atletas do club fixérono moi ben e houbo moitas subidas ó podio (incluso os maiores!). Parabéns para todos e aí van os resultados:

(máis…)

Campionato de Galicia Escolar de Campo a Través – Pereiro de Aguiar 2019

11 Febreiro, 2019 Posted by javier

O sábado 16 de febreiro celébrase no Complexo Deportivo de Monterrei en Pereiro de Aguiar (Ourense) o Campionato de Galicia de Campo a Través do programa Xogade. Para categorías Sub12-14-16. As carreiras comezan ás 11:30h (hai cámara de chamadas polo que os atletas deben presentarse con antelación). Máis información:

(máis…)

Resultados 8-9 febreiro 2019

10 Febreiro, 2019 Posted by javier

Este fin de semana houbo cita múltiple en pista e campo a través: o sábado o Trofeo Atletismo Mazí en Vilagarcía de Arousa, o Campionato Provincial de Xogade en Chenlo (O Porriño) e Provas de Preparação en Braga. E o domingo o Control de Inverno da S. G. de Pontevedra. Aí vai o resumo de resultados:

 

Campionato Provincial Campo a Través Xogade en Chenlo (O Porriño) 2019

6 Febreiro, 2019 Posted by javier

AVISO (31-xaneiro): Este campionato aprázase para o 9 de febreiro debido ás previsións meteorolóxicas

O domingo 2 9 de febreiro terá lugar en Chenlo (O Porriño) o Campionato Provincial de Campo a Través de Xogade, que inicialmente estaba previsto o 26 de xaneiro en Portas. As competicións comezarán ás 10:45h e rematarán ás 13:30 coa carreira participativa. Máis información:

  (máis…)

Suspensión Campionato Xogade Pontevedra en O Porriño 2019

1 Febreiro, 2019 Posted by javier

Este campionato que se ía celebrar o sábado 2 de febreiro aprázase debido ás previsións meteorolóxicas,  a nova data é o sábado 9 de febreiro.  Máis información:

42º Trofeo de Campo a Través San Miguel de Oia 2019

30 Xaneiro, 2019 Posted by javier

O vindeiro domingo 17 de febreiro celébrase en San Miguel de Oia (Vigo) a 42º Trofeo de Campo a Través. Como en ocasións anteriores está dedicado á muller e haberá un sorteo de material deportivo entre todas as participantes na carreira popular. Máis información: