O 25 de novembro está declarado pola ONU como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. @s nos@s atletas súmanse a esta reivindicación:
Category: ‘Artigos de Interese’
Novo Protocolo Covid para o deporte non profesional – setembro 2020
O último reto dun gran campión
Hoy queremos sumarnos a todos eses mensajes de apoyo para todo un campeón que además es vecino. Desearle fuerza y desde todo nuestro club le mandamos nuestro cariño y fuerza. Animo Alejandro💪
Publiée par S. Atlética VAL MIÑOR sur Mercredi 17 juin 2020
Fin do estado de alarma en Galicia – 15 xuño 2020
Este luns 15 de xuño entran en vigor as medidas de prevención aprobadas pola Xunta para evitar a propagación da Covid-19 unha vez finalizado o estado de alarma. Lembremos que o virus segue aí e ata que dispoñamos de tratamentos eficaces é misión de todos mantelo baixo control. No que respecta ó ámbito deportivo, autorízanse os adestramentos en grupos de ata 25 persoas mantendo a distancia de seguridade. Nas instalacións deportivas hai que respectar as normas específicas, e no caso de competicións tamén. Como o uso das instalacións depende dos concellos, a directiva do club está pendente das autorizacións necesarias para que todos os atletas poidan retornar ós adestramentos. En canto sexa posible se informará a través dos grupos. Máis información:
- Medidas aprobadas pola Consellería de Sanidade (12-xuño)
- Modificacións das medidas de prevención (27-xuño)
Dia do Deporte na casa – IES Auga da Laxe 2020
Agora que xa empezamos a saborear algo de recuperada liberdade botamos a vista atrás para facer un retrato do confinamento. Neste caso é outro vídeo feito por profes e alumnos do IES Auga da Laxe co gallo do Día do Deporte na Casa, que nesta ocasión non puido sair á rúa. Aí o tedes (coñecedes a alguén?):
Xogos Olímpicos na casa – abril 2020
Quén dixo que é necesario un estadio olímpico para facer os Xogos? A continuación achegamos unha mostra de que con imaxinación o corredor de casa pode transformarse en pista de atletismo, piscina e ata pista de xeo (Vídeo feito pola profesora de educación física do IES Escolas Proval e a súa familia, grazas por compartilo!):
O Val Miñor sen franxas horarias – maio 2020
Esta semana ademáis do inicio da Fase 1 temos a novidade da eliminación das franxas horarias nos tres concellos do Val Miñor porque todos os núcleos de poboación teñen menos de 5000 habitantes. Tamén abren moitos establecementos e incluso o mercado de Sabarís. Desfrutade deste novo espazo de liberdade!
Actividade física no estado de alarma – maio 2020
A partir do dia 2 de maio (e mentres dure o estado de alarma) estará permitida a actividade física indvidual e os paseos, para maiores de 14 anos, unha soa vez ó día e nas franxas horarias de 6-10h e 20-23h. Os paseos poderán realizarse ata 1km do domicilio e as actividades deportivas só teñen como límite o concello de residencia. Non poderá utilizarse un vehículo para desprazarse ata o punto donde se realice a actividade, polo que ten que ser en bici ou a pé. A actividade deberá ser continua ou coas mínimas paradas imprescindibles.
Como en toda normativa hai aspectos pouco claros ou discutibles (cal é a o límite entre deporte e paseo para unha persoa maior que non pode correr ou andar en bici? por qué en municipios de menos de 5000 habitantes non hai horarios, cando en Galicia a poboación é dispersa tanto en concellos grandes como pequenos?). Pero aproveitemos esta oportunidade para ir volvendo pouco a pouco á vida normal, iso sí, con sentidiño!
Contra o confinamento… movemento!
Estes días case todo o mundo está preocupado e nervioso pola pandemia de coronavirus, e un dos mellores remedios é manterse activos inda que sexa dentro de casa. Agora máis que nunca o deporte é sinónimo de saúde. Ai van uns cantos artigos e vídeos que nos manda Óscar. E outro artigo sobre cómo se vive o confinamento nos confíns de Gondomar. Tamén os atletas de RunGalicia ofrecen unha colección de vídeos diarios de adestramento para facer en casa, cada día un novo con conexión en directo desde facebook. E o noso colaborador de Fisioterapia Garabullo comunica que segue á nosa disposición (tomando as debidas precaucións). Cuidádevos moito e vémonos pronto!
- Artigo en El País: “Confundir humanos con osos”
- Vídeo pilates
- Outro de pilates
- Outro máis
- Atlántico Diario: “a aldea máis alonxada do mundo”
- Vídeos de adestramento en casa de RunGalicia en facebook
- Comunicado de Garabullo Fisioterapia
(30-marzo) Desde o club pedimos que enviedes imaxes dos vosos adestramentos en casa para poñer nas nosas redes sociais (Facebook e Instagram). A continuación van os primeiros exemplos. Animádevos e participade!
Máis sobre deporte e exames
O xornal El País publica un artigo titulado “Por qué no debes castigar a tu hijo sin deporte en época de exámenes” na súa edición do 24 de febreiro. As conclusións son as que xa coñecemos: mellora do rendemento físico e intelectual, aumenta a concentración, capacidade de traballo e autoestima, libera o estrés e ademáis se é en grupo tamén mellora as relacións sociais. Algo máis?