Carreira solidaria “Vigo non é de plástico” 2019

29 Xaneiro, 2019 Posted by savalminor

O Colexio Calasancias de Vigo organiza o vindeiro domigo 3 de febreiro a primeira edición da Carreira Solidaria “Vigo non é de plástico”. Trátase dun evento non competitivo e non haberá cronometraxe. A inscrición pode realizarse na páxina web do colexio ata o martes 29 de xaneiro. Haberá tres modalidades e distancias: 2km para maiores de 12 anos (saída da Porta do Sol as 10:30h), 1km entre 7 e 12 anos (saída de Santiago de Vigo ás 11:15h) e 150m para menores de 7 anos con saída do Parque María Xosé Queizán ás 12h. Os asistentes poderán entregar leite e tapóns de plástico para reciclar, que se destinarán a causas solidarias. Máis información:

Comments are closed.