Carreira Solidaria de Bembrive

4 Decembro, 2011 Posted by admin

Bembrive acolleu esta fin de semana a primeira edición da Carreira Nocturna Solidaria desta vila. Nun ambiente moi acolledor, os atletas tiveron que completar un bonito percorrido de 6.8km coas súas pendentes, acompañados dos ánimos do público, e de música galega fixeron esta carreira moi singular. A cercanía das festas navideñas  e o ambiente non mermaron os esforzos dos atletas alcanzando moi bos rexistros.

Os vencedores da carreira absoluta foron Alberto Bastos cun tempo de 20:44 e a nosa querida Paula Villar da S.A. Val Miñor cun tempo de 25:48, que fixo unha gran carreira ó igual que o resto dos seus compañeros do Val Miñor onde a satisfación foi xeral.

Os podios

Xuvenil feminino: 1º Rocio Rodríguez 2º Carla Caride, 3º Laura Varela.

Veteranas: 1º Paula Villar, 2º Lola Martínez , 3º Rosa Guede

Noticia en Atlantico de Vigo

fotos albúm picasa

resultados

 

Comments are closed.