Campionato Provincial Pontevedra Xogade Campo a Través – Portas 2018

30 Xaneiro, 2018 Posted by javier

O 3 febreiro 2018 celébrase en Portas (Pontevedra) o Campionato Provincial Pontevedra Xogade de Campo a Través. Aquí tedes toda a información sobre o evento e os resultados completos (4-feb):

AVISO IMPORTANTE (1-feb-2018): Temos un autobús reservado (Nº 2) para ir á carreira. Sairá do Campo de Fútbol As Cercas (Av. Diego Sarmiento de Acuña, o noso lugar de adestramento habitual). A hora de saída é as 9:15 e o regreso ás 13h aprox. Hai reservadas 43 prazas, en primeiro lugar para os atletas, logo para a directiva e por último para acompañantes. Preferimos que os atletas vaian todos xuntos se é posible. Sede puntuais e lembrade levar o dni!

           11:00 Benxamín-fem 800 m
           11:10 Benxamín-masc 800 m
           11:20 Alevín-fem 1125 m
           11:30 Alevín-masc 1725 m
           11:40 Infantil-fem 1725 m
           11:55 Infantil-masc 1925 m
           12:10 Cadete-fem 1925 m
           12:25 Cadete-masc 3925 m

    • Inscricións a cargo do club a través do programa Xogade.
    • NOTA: en infantís hai dous equipos por grupo, por decisión dos adestradores e directiva a seleción de equipos faráse por sorteo, primando o criterio de igualdade sobre a competitividade.
    • (29/1/2018) O resultado do sorteo efectuado na sede do club foi o seguinte: os equipos infantís femininos estarán formados por Nuria+Nerea+Irene+Lía e Patricia+Sira+Paula+Sinaí. Os masculinos serán Jacobo+David+Lucas+Bruno e Jesús+Jorge+Isaac+Samuel.

 

 

 

  • Algunhas fotos enviadas polos que estiveron alí (se hai algunha máis podedes enviala e a engadimos):

 

 

    

 

Comments are closed.