Campionato de Galicia Sub10-12-14 por equipos – Lugo 2018

8 Maio, 2018 Posted by javier

O vindeiro 12 de maio celébrase en Lugo o Campionato de Galicia por equipos para categorías Sub10 (BEN), Sub12 (ALE) e Sub14 (INF) na cidade de Lugo. O noso club ten previsto acudir co equipo infantil feminino.

(8-maio) Haberá un bus (compartido co Celta) que nos recollerá ás 12:20h na parada de ATSA de Ramallosa (CC La Romana, Av. Manuel Lemos). Hai que levar comida ou bocadillo para tomar polo camiño. Hai un número limitado de prazas para acompañantes, o prezo é de 10€ (contactar con Jose Ángel, o presidente do club).

(12 maio) Xa están os resultados deste campionato, parabéns para todos os participantes e especialmente para o equipo de relevos (Nadia, Patricia, Nayr e María) polo ouro en 4×80, Jacobo polo ouro en pértega, Nadia polo bronce en 500m e Manuela polo bronce en altura!!

Máis información:

 

 

Comments are closed.