Campeonato Regional Absoluto e Noite Atlética en Braga 2020

20 Xullo, 2020 Posted by savalminor

Imos retomando o ritmo de competición cun par de citas en Portugal organizadas pola Associação de Atletismo de Braga, o mércores 15 de xullo celebrouse a Noite Atlética no Estádio 1º de Maio (Braga) e o fin de semana do 18-19 o Campeonato Regional Absoluto na Pista Gemeos Castro de Guimarães. Atendendo ó que será norma habitual a partir de agora, os organizadores prepararon planos detallados de continxencia e circulación para o desenvolvemento das probas. Nestas competicións participaron como representantes do club Marina Prieto (200m nas dúas probas) e Ricardo Cortizo (800m na Noite Atlética). Parabéns para eles!

NOITE ATLÉTICA

CAMPEONATO REGIONAL ABSOLUTO

Comments are closed.