Campamento de pretemporada en Muíños 2018

29 Agosto, 2018 Posted by javier

Como tódolos anos, o club organiza no mes de setembro un campamento de pretemporada en Muíños (Ourense). Será do 7 ao 9 de setembro, e a estadía correrá a cargo dos atletas e acompañantes (este ano o club só pode facerse cargo do traslado en autobús). O prezo é de 30€/día en pensión completa (2 días = 60€).
O xoves 30 de agosto haberá unha reunión no ximnasio do club para explicarlle en qué consiste o campamento ós pais que manden por primeira vez ós seus fillos (os que repiten xa non é preciso que asistan).
 
NOTA INFORMATIVA (2-setembro)

Saída o día 7 ás 16:30 h do Pavillón de Deportes de Gondomar (xunto ós institutos Terra de Turonio e Auga da Laxe). Lembrade levar o DNI e tarxeta sanitaria e asinar a autorización para os nen@s que vaian sen os pais ou titores. O importe do campamento aboarase no momento da saída. A autorización pode obterse no enlace a continuación e haberá algunhas en papel o día da saída.

Esperámosvos!
 
A Directiva da S.A. Valmiñor

Máis información:

Comments are closed.