Campamento de pretemporada en Melgaço 2019

12 Agosto, 2019 Posted by savalminor

 
Este ano o campamento de pretemporada cambia de ubicación e será en Melgaço (Portugal, enfronte de Arbo). Será do 29 de agosto ó 1 de setembro (xoves a domingo). A saída será o 29 pola mañá desde o pavillón de Gondomar e o regreso será o día 1 pola tarde. O desprazamento faráse en autobús. O custo por persoa é de 100 euros pero só se aboarán 50, o resto vai a cargo do club. O número de prazas é de 21 para nenos e 21 para nenas. O prazo para anotarse é ata o día 21 de agosto.
Como hai que cruzar a fronteira de Portugal os menores que viaxen sen os seus pais ou titores precisan levar unha autorización asinada. Pode facerse na policía nacional ou na garda civil. Teñen que ir os pais ou titores e levar os dni de todos e o libro de familia. Axuntamos a continuación os formularios e información do procedemento:
 Tamén hai que levar DNI e tarxeta sanitaria europea. Se non a tedes pode solicitarse na páxina da Seguridade Social ou nos puntos de atención ou CAISS (hai un na Casa do Mar en Baiona, rúa Alférez Barreiro 21, tel: 986355034). Tarda uns 10 dias e a envían por correo. Se tedes acceso á sede electrónica con clave ou certificado tamén se pode imprimir un certificado provisional (válido por 90 días): 
 Esperámosvos!
 
A Directiva da S.A. Valmiñor

Máis información:

 

Comments are closed.