Moitos xa coñecedes a tenda de deportes Bikila de Vigo (Avenida Castrelos 190, tel. 986210975, email: vigo@bikila.com). Xa levan tempo colaborando co club e fan descontos dun 15 a un 25% segundo os artigos. Este ano cederon un lote de bolsas para material deportivo da marca New Balance que se sortearán na rifa da cea de Nadal. Grazas polo agasallo e esperamos seguir colaborando no futuro!