A primeira pista de atletismo do Val Miñor en 2018

24 Xuño, 2018 Posted by javier

O pasado mes de maio deron comenzo en Nigrán as obras de acondicionamento do Río Muiños no contorno do Parque Empresarial Porto do Molle. Ademáis de boa noticia para o medio ambiente pola rexeneración de áreas naturais e redución da erosión do río, os atletas do Val Miñor están de noraboa: está prevista a construción dunha zona de adestramento con pista de atletismo de 6 rúas, que será a primeira da zona merecedora de tal nome. Estará totalmente integrada na paisaxe e rodeada doutras instalacións como pista de skate, circuito de running e zona de recreo infantil. Esperemos que non haxa atrancos para un proxecto tan importante e que se poida rematar en prazo (para finais deste ano 2018).

 

Comments are closed.