A intrahistoria da Vig-Bay 2018

8 Abril, 2018 Posted by javier

A organización dun grande evento deportivo como a Vig-Bay precisa da colaboración desinteresada de moitas persoas e organizacións. O noso club sábeo ben, xa que leva moito tempo formado parte desa historia que raras veces se conta e non sae nos medios.  Na edición deste ano 2018 colaboran 154 persoas nos puntos de avituallamento (entre atletas, socios, familiares e amigos), repartindo auga, esponxas e ánimos ós corredores. Aí vai un pequeno resumo fotográfico-homenaxe feito co material enviado por vós mesmos!

Km 17,5 (A Ramallosa)

O equipo do km 17 en actividades de coordenación preparatorias para o subseguinte esforzo:

Pero iso sí, con todo o material xa preparado:

 

Km 7,5 (Priegue)

Autofoto de familia (ou selfie como lle chaman os máis viaxados) do equipo do km 7,5:

Km 10 (Panxón – Estrada PO325)

E para non ser menos, o equipo do km 10 tamén posa:

Km 12,5 (Panxón – Pistas Tenis)

Un pouco máis abaixo, parte do equipo do km 12,5 xunto ás pistas de tenis das Dunas de Gaifar:

Km 15 (Praia América – Monte Lourido)

E seguindo o recorrido, o equipo do km 15 (que o pasou bastante mal pola choiva):

Km 20 (Baiona – Praia Santa Marta)

E por último pero non menos importante, o equipo do km 20 agardando a cuberto:

E logo traballando arreo para que ninguén quedara sen suministro:

E se hai algunha foto máis dos equipos que faltan, agradeceriamos que a enviedes!

Comments are closed.