Novas semana 28-29 novembro 2020

Esta última semana de novembro celébrase no Barco de Valdeorras (Ourense) a 37ª Copa Deputación de Atletismo en Pista. Será nas pistas de Calabagueiros en xornada de tarde. Nesta competición participa Ainhoa Repáraz en 60m. Máis información e resultados:

(29-nov) Nesta proba Ainhoa foi 1ª cun tempo de 8:10s. Parabéns!


Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller 2020

O 25 de novembro está declarado pola ONU como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. @s nos@s atletas súmanse a esta reivindicación:


Novas semana 14-15 novembro 2020

Este mes de novembro o San Martiño trae menos magostos do habitual e tamén quedamos sen a tradicional Carreira Pedestre Popular de Ourense, un dos eventos máis importantes do calendario atlético galego. En Pontevedra o Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) acolle o sábado 14 a 7ª Milla Solidaria de ANEDIA (Asociación de Nen@s con diabetes). Neste evento participarán varios atletas do club. Máis información e resultados:

(14-nov) Parabéns para Nadia, Juan, Anxo e Ricardo pola sua participación nesta carreira!

FOTOS (máis…)


Novas medidas sanitarias e deporte federado – outubro 2020

A actual evolución da pandemia do coronavirus ten levado ás administracións a adoptar novas restricións de mobilidade. A Orde da Xunta de 21 de novembro primeiro e o Decreto de Estado de Alarma do 25 de outubro despois estableceron limitacións de agrupamentos cun máximo de 5 ou 6 persoas, salvo que se trate de convivintes. Estas restricións tamén se aplican aos atletas non federados (que no caso do club son xeralmente os máis pequenos), polo que resulta imprescindible cumplir este requisito para poder seguir adestrando esta tempada, xa que o estado de alarma pode durar en principio ata maio. Máis información:


19º Campeonato de España Sub16 – Granollers 2020

Este fin de semana do 24-25 de outubro celébrase en Granollers (Barcelona) o 19º Campeonato de España Sub16 no que participa Ainhoa Repáraz en 100m. Moita sorte! Podedes ver a retransmisión en directo na ligazón que aparece abaixo. Máis información:

24-out 17:05h: Na final de 100m Ainhoa foi 7ª cun tempo de 12.75s. Parabéns polo esforzo realizado e boa viaxe de volta!

(máis…)


Información sobre os seguros deportivos 2020-21

Achegamos información actualizada para a tempada 2020-21 sobre os seguros deportivos ós que poden ter dereito os atletas federados ou incluídos no programa Xogade (para rapac@s de 6 ata 16 anos). Tede en conta que a información máis actualizada estará sempre nas páxinas que indicamos a continuación, xa que as pólizas e compañías poden variar. Para esta tempada 2020-21 a compañía aseguradora da FGA é Mapfre (tel. 918 366 224), no caso de Xogade a compañía é AIG Europe (tel. 917 372 818). 

En caso de accidente é mellor dirixirse á directiva do club para coñecer os pasos a seguir, no caso da FGA o club dispón de partes de accidentes que hai que entregar nun prazo de 7 días para ter dereito á cobertura. No caso de Xogade hai que ter a man o carnet, precisaremos o identificador do atleta e na parte posterior está o resumo de pasos a seguir.

NOTA: se non temos a man o carnet Xogade, o identificador do atleta son as iniciais seguido da data de nacemento. Por exemplo, para o nome Xoán García Pérez con data 01/02/2003 sería XGP010203

Outras probas (especialmente as carreiras populares) teñen os seus propios procedementos de seguro polo que hai que consultar coa organización en cada caso. (máis…)


Horarios de adestramento 2020-2021

Horarios de adestramento 2020-2021

Os cambios puntuais nos horarios e lugar de adestramento comunicaránse mediante os grupos de mensaxería, para iso todos os socios deberán comunicar un número de teléfono móbil na ficha de inscrición ou directamente ós adestradores.

IMPORTANTE: Todos os atletas deberán respectar a normativa sanitaria para evitar contaxios. Grazas a tod@s!

_______________________________________________________________________

CATEGORÍAS SUPERIORES (DE SUB14/INFANTIL A VETERÁNS):

  • Adestrador: Óscar Fernández Villar
  • Días e horas: Martes, xoves e venres de 18:00 a 19:30 h (Sub14/Infantil e Sub16/Cadete) e de 19:00 a 20:30 h (Maiores).
  • Punto de reunión: Entrada do Campo de Fútbol das Cercas (Gondomar).
  • Tamén haberá adestramentos outros días e os fins de semana segundo criterio do adestrador.

_______________________________________________________________________

CATEGORÍAS INFERIORES (DE PREBENXAMÍN A SUB12/ALEVÍN):

  • Adestrador: Brais Gómez Vilar
  • Días e horas: Martes, xoves e venres de 18:30 a 20:00h
  • Días e horas: Martes, xoves e venres de 18:00 a 19:30h (desde 2 de novembro)
  • Punto de reunión: Entrada do Campo de Fútbol das Cercas (Gondomar)

_______________________________________________________________________


Resultados semana 10-11 outubro 2020

Esta semana Pontevedra acolle os Campionatos de Galicia Sub14 e Sub16 en dúas xornadas (sábado 10 e domingo 11). As probas poden seguirse por streaming e diferido a través das ligazóns seguintes. Máis información e resultados:

No Campionato Sub14 participóu Uxía Vidal en 80mv (prata) e lonxitude (4ª). No Sub16 participaron Bruno Patrone en 100m e 100mv, Jesús González (dobre prata en peso e disco), Ainhoa (1ª) e Nayr (4ª) en 100m, Nadia (prata en 600m), Nerea Barros en 300mv e Nayr ouro en lonxitude. Parabéns para el@s!


Resultados semana 3-4 outubro 2020

Esta semana celebrouse en Pontevedra o 2º Gran Premio Rías Baixas de Atletismo en Pista. Polo Club participaron Uxía Vidal (3ª en 150m), Nadia (3ª en 600m), Nerea en 100mv e Sergio Souto e Ricardo Cortizo en 800m. Parabéns para tod@s!


Resultados semana 26-27 setembro 2020

Este fin de semana só tivemos unha competición en Ourense, a 1ª Xornada da 37ª Copa Deputación. Acudiron varios atletas das categorías Sub16 (Ainhoa 1ª en 100m, Nadia estivo en 1000m, Nerea Barros en 300mv e Bruno Patrone tamén en 100m) e Sub14 (Uxía Vidal en 80m). Parabéns para el@s! Aí van os resultados: