Resultados semana 10-11 outubro 2020

Esta semana Pontevedra acolle os Campionatos de Galicia Sub14 e Sub16 en dúas xornadas (sábado 10 e domingo 11). As probas poden seguirse por streaming e diferido a través das ligazóns seguintes. Máis información e resultados:

No Campionato Sub14 participóu Uxía Vidal en 80mv (prata) e lonxitude (4ª). No Sub16 participaron Bruno Patrone en 100m e 100mv, Jesús González (dobre prata en peso e disco), Ainhoa (1ª) e Nayr (4ª) en 100m, Nadia (prata en 600m), Nerea Barros en 300mv e Nayr ouro en lonxitude. Parabéns para el@s!


Resultados semana 3-4 outubro 2020

Esta semana celebrouse en Pontevedra o 2º Gran Premio Rías Baixas de Atletismo en Pista. Polo Club participaron Uxía Vidal (3ª en 150m), Nadia (3ª en 600m), Nerea en 100mv e Sergio Souto e Ricardo Cortizo en 800m. Parabéns para tod@s!


Resultados semana 26-27 setembro 2020

Este fin de semana só tivemos unha competición en Ourense, a 1ª Xornada da 37ª Copa Deputación. Acudiron varios atletas das categorías Sub16 (Ainhoa 1ª en 100m, Nadia estivo en 1000m, Nerea Barros en 300mv e Bruno Patrone tamén en 100m) e Sub14 (Uxía Vidal en 80m). Parabéns para el@s! Aí van os resultados:


Resultados semana 19-20 setembro 2020

Esta semana hai dúas competicións de pista ao aire libre, un Control da FGA en Pontevedra e o Campeonato de España en Ciudad Real no que participa Ainhoa. Ademáis o Campionato Sub14-16 que estaba previsto para a vindeira semana queda adiado para o 10-11 de outubro. Boa sorte a todos os que compiten! (tamén podedes seguir a competición de Ciudad Real nesta ligazón).

No Control da FGA participaron Uxía Vidal (prata en 80mv e lonxitude), Jesús González (bronce en lanzamento de peso), Bruno Patrone (4º en 100mv), Nadia en 1000m e Nerea Barros en 100mv. Na final de 100m do Campeonato de España Ainhoa foi 9ª cun tempo de 12,54s. Parabéns para tod@s!


Novo Protocolo Covid para o deporte non profesional – setembro 2020

Esta semana o Consello Superior de Deportes (CSD) acadou un acordo coas Federacións Deportivas, Concellos e Comunidades autónomas para establecer un protocolo común para as competicións deportivas non profesionais. Unha boa noticia que aporta seguridade e tranquilidade para todos. Máis información:


La Carrera que nunca para: 1ª Carrera Online Solidaria 2020

O circuito de carreiras populares tamén vai retomando actividade pouco a pouco. Este mes de setembro a asociación Asotrame de transplantes medulares de Galicia organiza unha novedosa modalidade de competición que terá lugar en 8 concellos. Nela cada participante decide cando fai o percorrido escollido, que pode ser un ou varios dos propostos. A inscrición ten un custo de 3 euros que se destinan a proxectos solidarios. Colaboran diferentes entidades e os concellos de Nigrán, Baiona, Noia, Lugo, Culleredo, Sigüeiro, Moraña e Narón. Máis información:


Resultados semana 28-30 agosto 2020

Esta semana compre destacar a brillante actuación d@s nos@s atletas nos Campionatos de Galicia Sub18-20-23 e absolutos celebrados en A Coruña  do venres 28 ao domingo 30. Nestes campionatos participaron Juan (4º en 5000m Sub20), Sergio (4º en 800m Sub18), Álex (campión en 800m e 3º en 400m Sub20), Ricardo (2º en 400m e 3º en 800m Sub20), Marina (2ª en 200m e 3ª en 400m Sub20) e Ainhoa (campiona galega absoluta en 100m cun tempo de 12,44s).  Parabéns para tod@s e feliz aniversario para Ainhoa! (non é revelación de datos persoais porque sae na portada do Faro de Vigo 🙂 )

 

FOTOS

(máis…)


Competicións en Pista Agosto 2020

Este mes de agosto o calendario competitivo galego vai collendo algo de cor con diversas citas de pista ao aire libre. Comezamos o dia 7 co 1º Control de Verán da FGA en Pontevedra, o 14 a 5ª Festa do Atletismo Galego tamén en Pontevedra, o 21 o Termal Athletics Meeting en Ourense e para fin de mes os Campionatos Galegos Sub18-20-23 en A Coruña. A continuación iremos poñendo a información e resultados de cada evento:

1º Control Verán FGA “A Volta do Atletismo Galego” en Pontevedra (7 agosto)

 


5ª Festa do Atletismo Galego en Pontevedra (14 agosto)

FOTOS

 

 

 

 

 


Termal Athletics Meeting en Ourense (21-agosto)

 


Campionato de Galicia Sub18-20-23 e Absoluto en A Coruña (28-30 agosto)

  • Páxina da competición
  • Regulamento
  • Lugar: Pistas Atletismo UDC – Campus Elviña 15071 (A Coruña)
  • Mapa de localización
  • Resultados: onlinemedallistaslista completa
  • Nesta competición estiveron: Juan (4º en 5000m Sub20), Sergio (4º en 800m Sub18), Álex (campión en 800m e 3º en 400m Sub20), Ricardo (2º en 400m e 3º en 800m Sub20), Marina (2ª en 200m e 3ª en 400m Sub20) e Ainhoa (campiona galega absoluta en 100m).  Parabéns para tod@s e  feliz aniversario para Ainhoa!

Nueva equipación 2020

Informamos a todos que ya hemos recibido la nueva equipación de nuestro proveedor Deportes González. Para su recogida, hemos decidido asignar un día por semana. Así los que una semana no puedan, por vacaciones o trabajo la pueden recoger en otra fecha. Esta semana el día y la hora asignada es: jueves 13 de agosto, en horario de 19:30 a 20:30, en la oficina del club. Si a algún padre o atleta no le es posible pasar a recogerlo en ese horario y tiene alguna competición a la vista que se ponga en contacto con la directiva (presidente o vicepresidente) para hacérsela llegar. Un cordial saludo a todos.

La directiva de la S.A. Val Miñor


Cancelación Vig-Bay 2020

Despóis de 20 edicións ininterrumpidas este ano finalmente non haberá Vig-Bay. Axuntamos o comunicado oficial da organización: