
MÁIS INFORMACIÓN:
- Páxina da competición en Carreiras Galegas
- Lugar: Praia América (Saída e Meta en Panxón)
- Coordenadas (lat, lonx): +42.1434,-8.8239
- Localización en google maps
- Regulamento
- Consulta o teu dorsal
- Noticias: ValmiñorTV – Telemariñas – Vigoe
- Noticias: FarodeVigo
HORARIOS E CATEGORÍAS:
- 10:00 Sub16 2004-5 2000m
- 10:15 Sub14 2006-7 1500m
- 10:30 Sub12 2008-9 1000m
- 10:40 Sub10 2010-11 500m
- 11:00 Absoluta 2003 e ant. 6000m
- 11:45 Sub8 2012-13 300m
- 11:50 Pitufos 2014-15 100m
- 12:00 Entrega de premios
Na carreira absoluta haberá as seguintes categorías:
- Sub18 (2002-3)
- Sub20 (2000-2001)
- Sub23-Senior (1999 ata 35 anos)
- Máster A (35 a 44 anos)
- Máster B (45 a 54 anos)
- Máster C de (55 anos e maiores)
LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO: Os circuítos discorrerán entre o Peirao de Panxón e Praia América, son circuitos chans sobre a area mollada da praia, coa marea baixa.
INSCRICIÓNS: Na páxina da Federación Galega de Atletismo (Carreiras Galegas). O prazo remata o 30 de xullo ás 24 horas. A organización será rigorosa co período de peche das inscricións.
- INSCRICIONS CARREIRA ABSOLUTA
Terán un custo de 7€. Farase acedendo a páxina web da Federación Galega de Atletismo (Carreiras Galegas), onde será obrigatorio facer o ingreso con tarxeta na pasarela de pago e cubrir os datos solicitados no formulario. - INSCRICIONS CATEGORÍAS MENORES
Nas categorías menores a inscrición é gratuita. Farase preferentemente a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo (Carreiras Galegas) e cumprimentando os campos indicados a través do formulario de inscrición. Tamén se poderá facer na Piscina Mancomunada do Val Miñor en A Ramallosa –Nigrán (Serviocio), ou na oficina de Turismo de Praia América.
RETIRADA DE DORSAIS: Os dorsais serán entregados polo club organizador o día anterior á proba (17 de agosto) no Pavillón de Deportes de Panxón en horario de 17:00 a 20:00 horas e o mesmo día da proba (ata 30 min. antes da celebración da carreira).
PREMIOS:
- Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta e aos primeiros clasificados do Concello de Nigrán.
- Outorgaranse trofeos ao primeiro de cada categoría tanto feminina como masculina Sub18, Sub20, Sub23, Senior e Master A,B,C.
- Nas categorías menores desde Sub8 a Sub16 masculinas e femininas entregarase trofeo ao primeir@ clasificad@ e medalla conmemorativa a todos os pitufos ata fin de existencias.
- Os trofeos non serán acumulativos.
- Haberá camiseta conmemorativa para os 500 primeiros inscritos da carreira absoluta.
CATEGORÍAS MENORES
- Entregarase trofeo aos tres primeiros clasificados nas seguintes categorías menores tanto masculina como feminina: Sub10, Sub12, Sub14, Sub16, e medalla conmemorativa a todos os Sub8 e Pitufos ata fin de existencias.
- Os premios individuais non serán acumulativos.
Haberá camiseta conmemorativa para os 500 primeiros inscritos da carreira absoluta.
A organización poderá esixir a documentación de tod@s @s participantes que leven premio.
SERVIZOS:
Haberá servizo de avituallamento o fin da carreira. Tamén haberá servizo de duchas no Pavillón Municipal de Deportes de.Panxón. A carreira contará cunha ambulancia dispoñible durante o evento.
PATROCINA: Concello de Nigrán
COLABORADORES: Federación Galega de Atletismo, Deputación Pontevedra, Fundación Deporte Galego, Secretaría Seral para o Deporte, Gadis, Larsa, Coca-Cola, Garabullo Fisioterapia, Sinfomac Informática, Baimiñor Construcións, Instalaciones Mateu, Rodosa Concesionario, Sondeos Nigrán, Serviocio.
- Detalle circuíto Pitufos:
- Enlace aos mapas de trazados (google maps):