O sábado 30 de novembro a Entidade Local Menor de Bembrive (Vigo) celebra a 9ª edición da Carreira Solidaria (e 3ª edición infantil). Haberá unha carreira nocturna para os maiores (>16) ás 20h e unha para os pequenos (ata Sub16) ás 18:30h. Inscricións ata o 27 de novembro (o “prezo” para todas as categorías é 1kg de alimentos non perecedoiros). Como curiosidade comentar que o club leva participando nesta carreira desde a primeira edición, como podemos ver nesta noticia de 2011 (xa choveu). Se queredes anotarvos bulide que o prazo de inscrición remata axiña!
(1-dec) Na carreira absoluta participaron Sergio e Javier Souto, Guadix, Abel, Juan Manuel e Juan Antonio.
- Páxina do evento en Bembrive.org
- Páxina de inscricións (Cronotec)
- Noticia da 1ª edicion en atletismovalmiñor.com
- Resultados: absoluta – menores
- Noticia en Atlántico Diario
FOTOS