Nos vindeiros meses dispútase a 8ª Liga de Inverno Abanca para Categorías Menores (Sub10-12-14) con dúas fases, unha provincial con tres xornadas no mes de novembro e unha fase final autonómica o 15 de decembro en Ourense. Nesta páxina poñeremos o resumo de información e resultados de todas as fases. As novidades máis importantes desta edición son que non será preciso completar equipos e non haberá límite de atletas por club, pero haberá que pagar 2 euros por atleta en cada xornada. Por ese motivo os atletas interesados deberán comunicalo ó adestrador. Máis información:
- Páxina da competición (xornadas provinciais)
- Páxina da competición (fase final)
- Inscricións: a cargo do club a través da RFEA
- Localización Ourense: Pista Atletismo Cuberta ExpoOurense
- Regulamento (circular FGA)
- Horarios por xornadas (circular FGA)
FASE PROVINCIAL PONTEVEDRA – 1ª XORNADA (A)
- Páxina da competición
- Data: 3 de novembro de 2019
- Lugar: Estadio Manuel Jiménez Abalo (Vilagarcía de Arousa)
- Horarios
- Mapa de localización
- Resultados: online – medallistas – documento completo
- Destacar os resultados en Sub14 (Bruno doble prata en 60m e 60m valados, Nayr 1ª en 60m e Manuela 1ª en altura) e Sub10 (Gabriela 2ª en 50m). Parabéns!
FASE PROVINCIAL PONTEVEDRA – 2ª XORNADA (B)
- Páxina da competición
- Data: 9 de novembro de 2019
- Lugar: CGTD (Pontevedra)
- Mapa de localización
- Resultados: online – medallistas – documento completo
- Destacar os resultados en Sub14 (Patricia 2ª en lonxitude) e Su12 (Isis 2ª en 500m). Parabéns para elas e para todos os demáis participantes!
FASE PROVINCIAL PONTEVEDRA – 3ª XORNADA (C)
- Páxina da competición
- Data: 30 de novembro de 2019
- Lugar: Estadio Balaídos (Vigo)
- Mapa de localización
- Resultados: online – medallistas – documento completo
- Bos resultados en Sub10, donde Gabriela foi 2ª en lonxitude e 3ª en 1000m e Brais 3º en 1000m, en Sub12 Sergio foi 2º en altura e Sub14 con Bruno 2º en triplo salto. Parabéns!
FASE FINAL OURENSE
- Páxina da competición (fase final)
- Localización Ourense: Pista Atletismo Cuberta ExpoOurense
- Resultados: online – medallistas – listas completas Sub10 – Sub12 – Sub14
- Nesta fase final participaron Nayr (1ª en 60m), Manuela (1ª en altura), Irene (2ª en 500m), María (2ª en lonxitude), Nerea, Uxía, Patricia e Nuria, acadando o 3º posto na clasificación feminina por clubes. Parabéns para todas elas!
FOTOS
- Fotos Abanca e Control FGA: Álbum Alberto Díaz do Club Ourense Atletismo
Foto do podio Sub14 feminino
NOTA: como houbo un erro na clasificación e as nosas atletas non subiron ó podio fixemos unha composición coas fotos de Ourense Atletismo e as de Óscar. Esperamos que desculpen a manipulación pero foi por unha boa causa…