6ª Milla Solidaria ANEDIA en Pontevedra 2019

12 Novembro, 2019 Posted by savalminor

O vindeiro 16 de novembro celébrase en Pontevedra a 6ª Edición da Milla Solidaria ANEDIA (Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabete de Galicia) co lema “Que a diabete non te pare”. Será a partir das 16:30h nun circuíto urbano preto da Deputación Provincial (Av. Montero Ríos). A inscrición pode facerse ata o xoves 14 na páxina da competición. No caso dos menores deberán facela os pais xa que precisa autorización. Haberá agasallos para todos os participantes. Tamén é posible colaborar económicamente a través do Dorsal 0. Nesta carreira participaron Dewisa en Sub14, Fernando e Alexandra en Sub12. Ben por eles! Máis información:

Comments are closed.