5ª San Silvestre Solidaria Nigrán 2019

26 Decembro, 2019 Posted by savalminor

O sábado 28 de decembro O Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor organizan a 5ª San Silvestre Solidaria cunha proba de 6 km que sairá ás 18:00 horas da Alameda de Ramallosa ata Panxón e volta ó punto de partida. A inscrición é o mesmo día da proba e ten como único requisito a entrega de 1kg de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos Municipal. Ó rematar a proba (sobre as 19h) haberá unha chocolatada e actuación a cargo da Argonat Band. No mesmo lugar hai tamén un mercado artesanal e animación para os máis pequenos durante toda a fin de semana. Máis información:

Deporte, música e solidariedade na San Silvestre de Nigrán

Comments are closed.