O sábado 2 de marzo o Concello de Vigo organiza a 5ª Carreira do Entroido a partir das 10h. Poderán acudir as categorías desde pequerrechos (2015) ata cadetes (2004). Para os maiores (<2004) haberá dúas opcións de 5 e 10km, con saída ás 11h. A inscrición é gratuita e pode facerse na páxina de Sportmaniacs. Anímase a todos os participantes a ir disfrazados! Máis información:
- Páxina do evento e inscricións (Sportmaniacs)
- Regulamento
- Lugar: Porta do Sol (Vigo)
- Resultados: Carreira 5km – Carreira 10km
- NOTA: resto de categorías pendentes de publicar os resultados
(3-mar) Na carreira de 5km houbo 5 atletas do club entre os 11 primeiros clasificados (incluído o ouro). Parabéns para eles!
FOTOS