4º Trofeo Solidario de Nadal Celta Atletismo 2019

12 Novembro, 2019 Posted by savalminor

NOVA DATA: domingo 29 de decembro (inscricións abertas de novo!)

AVISO (20-dec): Este Trofeo queda aprazado polo mal tempo (aviso en Twitter).

O 21 de decembro 29 de decembro o Celta de Atletismo organiza o 4º Trofeo Solidario de Nadal en Balaídos. Como curiosidade esta proba tivo que cancelarse o ano pasado por obras nas pistas, polo que mantén o número de orde anterior (senón sería a 5ª edición). Será para categorías desde Sub8 ata Sub16 e as probas comezarán a partir das 10h. A inscrición é gratuita e no momento da recollida de dorsais pódense entregar alimentos non perecedoiros destinados á Asociación AFAN de Vigo. Mäis información:

(29-dec) Neste Trofeo Solidario houbo unha numerosa representación do club: en Sub10 participaron en 500m Bisrat (1º) e Brais (2º), Xaime, Iván e Aarón e Gabriela (3ª) Carmen e Lucía, Bisrat tamén foi 2º en lonxitude, en Sub12 numerosa participación en 500m: Sergio, Fernando, Eloy, Xoán, Lois, Alexandre, Adrián e Mateo e tamén en lonxitude con Sergio, Lois, Alexandre e Fernando; en 60m estivo Amelia e en 500m Isis (4ª), Alexandra, Ruth e Uxía, en Sub14 participaron en 60m Nayr (1ª), Patricia, Uxía, Aroa e Mekides e en lonxitude Nayr (1ª de novo), Uxía, Mekides, Aroa e Patricia, en 500m Dewisa, Nuria e Nerea; en Sub16 estivo Ainhoa (1ª) en 60m, Jesús (1º) en lanzamento de peso e 500m e Lorena (5ª) en 500m. Parabéns para tod@s eles!

FOTOS

Algunos de nuestros Atletas en diferentes pruebas y momentos de ayer en Balaidos. 💪🏃‍♀️🏃‍♂️🏅😊😁

Publiée par S. Atlética VAL MIÑOR sur Lundi 30 décembre 2019

Estes son algunos de los atletas del grupo de los pequeños que entrena Brais Gómez Vilar.🏃‍♀️🏃‍♂️💪😊😘🏅

Publiée par S. Atlética VAL MIÑOR sur Lundi 30 décembre 2019

Comments are closed.