O domingo 1 de decembro de 2019 dispútase en Cangas o 46º Trofeo de Pedestrismo Memorial Pepe Cordeiro. As probas darán comezo a partir das 10h. Para categorías desde Minibenxamín (2012-13) ata maiores (10km). A inscrición é gratuita en tódalas categorías excepto a absoluta (8€), que se disputará no porto de Aldán ás 12h, haberá un servizo de transporte gratuito desde Cangas.
(1-dec) Nas categorías inferiores participaron Gabriela (1ª), Brais e Mateo Denis. Na absoluta Nanda queda 1ª por categoría e 5ª na clasificación feminina. Parabéns!
Máis información:
- Páxina do club Atletismo Vila de Cangas
- Páxina da competición no Concello de Cangas
- Inscricións en ChampionChipNorte
- Regulamento e horarios
- Resultados: absoluta – menores