41º Memorial Belarmino Alonso 2019

4 Novembro, 2019 Posted by savalminor

O 24 de novembro celébrase o 41º Memorial Belarmino Alonso no circuíto de San Andrés de Comesaña (Vigo). Este Cros servirá como Fase Zonal do programa Xogade e os atletas que desexen participar nesta modalidade deberán indicalo no momento da inscrición, que poderá efectuarse na páxina do club comesana.org ata o 21 de novembro ás 20h ou mediante correo electrónico (consultar regulamento para os detalles). Máis información:

Comments are closed.