Este ano a FESTA da ARRIBADA de BAIONA celébrase os días 28 e 29 de febreiro e 1 de marzo (sí, este ano é bisiesto!).
Como todos os anos A Sociedade Atlética Val Miñor vai poñer un posto de comida na Festa da Arribada de Baiona. Como sabedes este evento é fundamental para poder facerlle fronte aos gastos do Club. Pra informar dos detalles convócase unha REUNIÓN INFORMATIVA o martes 18 de febreiro ás 1830h no Ximnasio do Club. Pregamos asistencia, especialmente os novos socios.
Grazas a todos pola vosa colaboración,
S. A. VALMIÑOR
RESUMO DA REUNIÓN INFORMATIVA (18 FEB):
- Este ano a Responsable de Organización será Raquel Senra, con quen podedes contactar polos grupos de mensaxes.
- Envíase ós socios un listado de postres que se necesitan para vender.
- Respecto ás empanadas hai dúas opcións: 1ª) pódese facer na casa ou mercala por libre, nese caso hai que avisar e indicar o tipo de empanada para poder organizalo. 2º) Pode facerse unha aportación económica e co recaudado se fará unha compra conxunta (xa está negociado o prezo cun establecemento).
- Raquel estará na oficina do club os días 20,21 (xoves e venres) e 25 (martes), podedes pasar por alí para indicar o que preferides facer. Tamén podedes contactar polos grupos (mellor mensaxes privados para non saturar).
- Tamén hai que anotarse para facer turnos no posto, serán de 10:30 a 16h e de 16 ata o peche.
- Prégase indicar canto antes as vosas preferencias para deixar todo organizado antes do mércores 26.
Grazas de novo pola vosa colaboración!