24ª Festa da Arribada – Baiona 2019

21 Febreiro, 2019 Posted by javier

FESTA DA ARRIBADA EN BAIONA: 1, 2 e 3 de marzo de 2019

REUNIÓN INFORMATIVA: 21 de febreiro ás 1830h no Centro Neural de Gondomar. Pregamos asistencia, especialmente os novos socios.

Como todos os anos A Sociedade Atlética Val Miñor vai poñer un posto de comida na Festa da Arribada de Baiona. Estaremos na zona da Capela de Santa Liberata. Como sabedes este evento é fundamental para poder facerlle fronte aos gastos do Club.

Pedimos como sempre a colaboración de todos:

  • Por un lado a doazón de algún alimento típico desta festa que poñemos a venta, tal como empanadas, doces caseiros, especialmente de chocolate, leite frito, rosquillas, etc. (no posto elabóranse callos, tortilla, bocadillos, filloas, … )
  • E por outro lado facemos 4 turnos para atender o posto, sábado mediodía e tarde, e domingo mediodia e tarde.
  • Elaboraremos unha axenda polo que necesitamos que nos indiquedes que día poderiades achegalos ata o posto e qué produto, para telo todo organizado.
  • Para as empanadas existe a posibilidade de encargalas na Panadería Yahoma ou na Panadería Isolina (as dúas en Sabarís) e que eles nolas sirvan no posto.

Para a coordinación de todo isto este ano se encargan as compañeiras da directiva Belén e Rosa, ás que vos pedimos que lles indiquedes a vosa disponibilidade para algún dos catro turnos e se queredes achegar algunha doazón. Podedes contactar con elas a través dos grupos de mensaxes de whatsapp, donde tamén están os seus teléfonos (non se poñen aquí por motivos de privacidade).

Por último agradecer anticipadamente a vosa visita e que deades a maior difusión posible entre familiares e amigos.

Grazas,

SOCIEDADE ATLÉTICA VALMIÑOR

Comments are closed.