21º Medio Maratón Vig-Bay e 1º MiniBay 2020

15 Febreiro, 2020 Posted by savalminor

(11-mar)->APRAZADA INICIALMENTE Ó 7 DE XUÑO

Xa se achega a 21ª Edición do Vig-Bay que se celebrará o domingo 29 de marzo. Este ano trae como novidade a 1ª MiniBay, unha proba de 10,5km pensada para moitos corredores ós que lles gustaría participar pero non se atreven con tantos quilómetros. Esta nova proba terá saída en Nigrán e chegada no mesmo punto que o Medio Maratón en Baiona. As inscricións permanecerán abertas ata o 18 de marzo (desde o 12 hai un recargo, non o deixedes para o final). Poden participar todas as persoas que cumpran 18 ou máis anos en 2020 (nados en 2002 ou anteriores). A recollida de dorsais será coma sempre no Museo Verbum de Samil entre 27 e 29 de marzo (mellor recollelo o antes posible para evitar colas de última hora). Máis información:

 

Comments are closed.