21º Cros Escolar do Val Miñor en Baiona 2019

7 Novembro, 2019 Posted by savalminor

O domingo 15 de decembro de 2019 temos o 21º Cros Escolar do Val Miñor en Sabarís (Baiona). Será a partir das 10:45h, coma sempre no circuíto do antigo campo de fútbol de Ladeira. As inscricións dos nosos atletas as tramita o club a través de XOGADE. Coma outros anos tamén poden inscribirse os centros educativos, ou individualmente no Servizo de Deportes do Concello de Baiona (tel: 986356558, deportes@baiona.org). O prazo permanecerá aberto ata o 11 de decembro.

Máis información:

Os horarios, distancias e categorías son os seguintes (as categorías corresponden xa á nova tempada 2020):

PROGRAMA XOGADE – XUNTA DE GALICIA

10:45 SUB16-MASC (05-06) 3.500m 5 voltas grandes
11:00 SUB16-FEM (05-06) 2.250m 3 voltas grandes
11:15 SUB14-FEM (07-08) 1.500m 2 voltas grandes
11:25 SUB14-MASC (07-08) 2.000m 2 voltas grandes + 1 pequena
11:35 SUB12-MASC (09-10) 1.500m 2 voltas grandes
11:45 SUB12-FEM (09-10) 1.500m 2 voltas grandes
11:55 SUB10-MASC (11-12) 750m 1 volta grande
12:05 SUB10-FEM (11-12) 750m 1 volta grande

PROGRAMA DEPORTE ESCOLAR – CONCELLO DE BAIONA

12:10 Sub8-MASC (13-14) 400m 1 volta pequena
12:20 Sub8-FEM (13-14) 400m 1 volta pequena
12:30 CHUPETES-MASC (15-16) 80m 1 longo
12:40 CHUPETES-FEM (15-16) 80m 1 longo

12:50 ENTREGA DE TROFEOS

Comments are closed.