Archive for: ‘Xaneiro 2019’

42º Trofeo de Campo a Través San Miguel de Oia 2019

30 Xaneiro, 2019 Posted by javier

O vindeiro domingo 17 de febreiro celébrase en San Miguel de Oia (Vigo) a 42º Trofeo de Campo a Través. Como en ocasións anteriores está dedicado á muller e haberá un sorteo de material deportivo entre todas as participantes na carreira popular. Máis información:

 

 

2º Control de Inverno Sociedade Gimnástica de Pontevedra – Trofeo Froiz 2019

30 Xaneiro, 2019 Posted by javier

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra organiza o 10 de febreiro o 2º Control de Inverno (Trofeo Froiz) no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD). Esta será a primeira xornada da competición e dará comezo a partir das 10h. Máis información:

 

4º Trofeo de Atletismo Mazí en Vilagarcía 2019

30 Xaneiro, 2019 Posted by javier

A Agrupación Atlética Mazí de Vilagarcía de Arousa organiza o día 9 de febreiro o 4º Trofeo de Atletismo en Pista. As probas comezarán ás 9:45h. Para categorías menores. Máis información:

Carreira solidaria “Vigo non é de plástico” 2019

29 Xaneiro, 2019 Posted by javier

O Colexio Calasancias de Vigo organiza o vindeiro domigo 3 de febreiro a primeira edición da Carreira Solidaria “Vigo non é de plástico”. Trátase dun evento non competitivo e non haberá cronometraxe. A inscrición pode realizarse na páxina web do colexio ata o martes 29 de xaneiro. Haberá tres modalidades e distancias: 2km para maiores de 12 anos (saída da Porta do Sol as 10:30h), 1km entre 7 e 12 anos (saída de Santiago de Vigo ás 11:15h) e 150m para menores de 7 anos con saída do Parque María Xosé Queizán ás 12h. Os asistentes poderán entregar leite e tapóns de plástico para reciclar, que se destinarán a causas solidarias. Máis información:

84º Campionato de Galicia Absoluto de Campo a Través en As Pontes 2019

28 Xaneiro, 2019 Posted by javier

Este domingo 3 de febreiro celébrase en As Pontes o Campionato de Galicia de Campo a Través Absoluto, Sub23 e Sub20. Máis información:

 

 

(máis…)

Resultados 26-27 xaneiro 2019

27 Xaneiro, 2019 Posted by javier

Este fin de semana temos o sábado 26 o Control de Marcas en Pista ó Aire Libre en A Pobra e o domingo 27 o Campionato de Galicia de Campo a Través Sub16-18 en A Rúa (Ourense). Parabéns para todos, especialmente para os que fixeron a longa viaxe ata A Rúa. Tamén varios atletas do club atrevéronse coa 13ª Subida ao Castro en Vigo. Aí van os resultados:

Sinfomac colabora co club

27 Xaneiro, 2019 Posted by javier

A empresa de informática SINFOMAC ofrece ós socios un desconto do 15% nos seus produtos e servizos:

(máis…)

Control de Marcas en Pista ao Aire Libre – A Pobra do Caramiñal 2019

19 Xaneiro, 2019 Posted by javier

O sábado 26 de xaneiro celébrase un Control de Marcas na Pista de Atletismo do Cabío (A Pobra do Caramiñal, A Coruña). Organizado pola Asociación de Atletismo do Barbanza. Para categorías Sub10 ata Sub16 (tamén hai categoría absoluta). Máis información:

(máis…)

Campionato de Galicia Sub18 e Sub16 de Campo a Través Individual e Clubs – A Rúa 2019

17 Xaneiro, 2019 Posted by javier

O vindeiro 27 de xaneiro o circuíto do Aguillón de A Rúa (Ourense) acollerá un conxunto de probas integrado polo 23º Memorial Alejandro Lorenzo, 47º Campionato de Galicia Sub18 H, 39º Sub18 M e 14º Sub16 de Campo a Través Individual e de Clubs. Será en horario de mañá, polo que os atletas interesados en asistir deberán ter en conta o tempo de desprazamento necesario (aprox. 2h30). Máis información:

 

 

34º Campionato de Galicia Absoluto e Sub23 en Pista Cuberta – Ourense 2019

17 Xaneiro, 2019 Posted by javier

O vindeiro domingo 20 de xaneiro celébrase na Pista Cuberta de Ourense o Campionato de Galicia Absoluto e Sub23. Máis información: