Archive for: ‘Decembro 2018’

Bo Nadal 2018

30 Decembro, 2018 Posted by javier

BOAS FESTAS PARA TOD@S!

Resultados 29-30 decembro 2018

30 Decembro, 2018 Posted by javier

Este último fin de semana de 2018 houbo competicións en Ourense e Braga e en Nigrán a San Silvestre Solidaria (non competitiva). Esta é a información:

(máis…)

San Silvestre Solidaria Nigrán 2018

26 Decembro, 2018 Posted by javier

O domingo 30 de decembro Nigrán celebra a San Silvestre Solidaria cunha proba de 6 km que sairá ás 19:00 horas do Pavillón Municipal de Panxón e chegada ó mesmo punto, recorrendo Praia América e Monte Lourido. Nesta proba a clasificación non se mide co cronómetro senón cunha báscula, para ver quén aporta a maior cantidade de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos Municipal. A inscrición e entrega de alimentos é o mesmo día da proba (mínimo 1 kg). Ó rematar a proba haberá unha gran festa no Pavillón con chocolatada e actuación a cargo da Argonat Band. Animádevos, é por unha boa causa e tamén serve para reducir os efectos da inxesta masiva de crustáceos, moluscos e cefalópodos propia destas datas. Máis información:

NOTA: segundo comentan fontes ben informadas (=Juan) hai que ir de verde!

(máis…)

Resultados 22-23 decembro e últimas citas de 2018

23 Decembro, 2018 Posted by javier

Excepcional actuación do equipo infantil feminino na fase final da Liga Abanca en Ourense, con 4 victorias (en 10 probas), varios segundos e terceiros postos e dous récords galegos, Manuela González en altura (1,55m) e 4×100 (Uxía, Irene, Nuria, Nayr). Parabéns para elas!

Este domingo tamén en Ourense é a 2ª Xornada da Copa Deputación:

Xa están tamén os resultados da Carreira do Pavo en Vigo (últimas noticias… non había pavo, se cadra deberían cambiarlle o nome á carreira). Importante participación do club, con varios atletas nos primeiros postos (destacar a doble victoria en Sub10 de Bisrat e Gabriela, pero tamén o 2º e 4º de Gabriel e Abel en Sub18, 3º de Nerea en Sub14, 2º de Isis en Sub12). Parabéns para todos!

(máis…)

LVII Gran Premio Pedestre Nadal – Carreira do Pavo en Vigo

14 Decembro, 2018 Posted by javier

O vindeiro 23 de decembro temos en Vigo a 57ª edición da tradicional Carreira do Pavo no contorno da Praza de Compostela. Para categorías desde Sub10 en diante (os maiores correrán unha distancia de 5km). Comezará a partir das 10:30h e rematará as 12h coa entrega de premios. Máis información:

(23 decembro) Últimas noticias… non había pavo, se cadra deberían cambiarlle o nome. Importante participación do club, con varios atletas nos primeiros postos (destacar a doble victoria en Sub10 de Bisrat e Gabriela, pero tamén o 2º e 4º de Gabriel e Abel en Sub18, 3º de Nerea en Sub14, 2º de Isis en Sub12). Parabéns para todos!

XXXV Copa Deputación Ourense Atletismo

14 Decembro, 2018 Posted by javier

O sábado 15 de decembro dispútase na Pista Cuberta de Ourense a 35ª Copa Deputación Ourense Atletismo para categorías Sub16 e superiores. Será en horario de tarde, a partir das 17h.  Inda que os clubes da provincia tiñan prioridade, finalmente acudirán atletas doutros clubes, entre eles o noso. Máis información:

(máis…)

Avisos fin de semana 15-16 decembro 2018

12 Decembro, 2018 Posted by javier

Este fin de semana preséntase algo movido por diferentes circunstancias: suspéndese polo momento o 4º Trofeo Solidario do Celta Atletismo previsto para o sábado 15 en Balaídos (para categorías Sub16 e inferiores), e as 4ª Series Municipais de Vigo quedan aprazadas debido á falta de homologación da pista. En Baiona tamén se apraza o 20º Cros Escolar do Val Miñor (para Sub16 e inferiores) polas malas previsións meteorolóxicas.  Será o 13 de xaneiro se non hai novidade. A cambio os nosos atletas poderán acudir (se o tempo o permite) ó 18º Cros Andrés Abanqueiro que nesta ocasión cambia de localización, de Castrelos á Universidade de Vigo. Esperemos que ningúen se lie con tantos cambios…

NOTA: Todavía estades a tempo de anotarvos para a Cea de Nadal do Club, reservade praza o antes posible!

(13-dec) Finalmente, o Trofeo Solidario do Celta foi cancelado porque o mal tempo impide rematar as reparacións na pista de Balaídos ( “Un tortazo a la solidaridad” – Noticia en Faro de Vigo)

(16-dec) Resultados do Cros Andrés Abanqueiro

18º Cros Andrés Abanqueiro en Vigo 2018

12 Decembro, 2018 Posted by javier

Este domingo 16 de decembro celébrase en Vigo o 18º Cros Andrés Abanqueiro organizado pola Agrupación Viguesa de Atletismo (AVA). Nesta ocasión cambia de sede, pasando do parque de Castrelos a un novo circuíto deseñado na zona deportiva da Universidade de Vigo. Para categorías Sub16 e inferiores. Esta proba será a fase zonal de Vigo do programa Xogade de Deporte Escolar. Os atletas do club poderán acudir a esta proba no canto do Cros do Val Miñor, que cambia ó 13 de xaneiro. Máis información:

(máis…)

Obras na Pista de Atletismo de Balaídos en Vigo

10 Decembro, 2018 Posted by javier

As obras de reparación que se están a realizar nas pistas de Balaídos van impedir o seu uso entre o 10 e 12 de decembro.  Estas mesmas obras obrigan a proceder a unha nova homologación da pista para probas de velocidade, polo que mentres tanto as marcas obtidas en competición non serán oficiais. Isto obriga a aprazar a 1ª Xornada das Series Municipais prevista para o 15, manténdose nesa mesma data o Trofeo Solidario do Celta Atletismo:

Resultados 8 decembro 2018

9 Decembro, 2018 Posted by javier

O pasado sábado 8 foi a Invasión Celeste en Vigo, na que participaron algúns atletas do club (con podios incluídos). Parabéns para Gabriela, Irene, David (primeiros nas súas categorías), Juan Manuel (4º) e o resto de participantes, sen esquecer a Elena Costas (2ª) e José Villar (5º), que ata hai ben pouco todavía ían de verde!

Para esta semana temos unha cita importante o domingo 16, o Cros Escolar do Val Miñor en Ladeira (fase zonal de Xogade). E o sábado tamén hai o Trofeo Solidario do Celta en Vigo.